A cita está organizada pola asociación de veciños de San Román, a asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras e Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello, e terá lugar o domingo 17 de maio no Conxunto Histórico Artístico
Cervo, 8 de maio do 2026. O Concello de Cervo de Cervo será o escenario do III Festival Espallando Letras, unha cita cultural que se celebrará o vindeiro 17 de maio, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas.
No acto de presentación do evento participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e representantes das tres asociacións organizadoras do festival –asociación de veciños de San Román, As Espalladoras e Airiños do Xunco- na propia contorna de Sargadelos que acollerá o Festival.
A alcaldesa destacou durante a presentación “a importancia de seguir impulsando iniciativas que poñen en valor a nosa lingua, a nosa identidade e o enorme potencial cultural do noso municipio”.
“Con este festival celebramos o Día das Letras Galegas do mellor xeito posible: enchendo Sargadelos de cultura, tradición, música e convivencia arredor da nosa tradición e das nosas raíces”, sinalou.
A rexedora puxo ademais en valor “o traballo conxunto das tres asociacións organizadoras, procedentes de diferentes parroquias do Concello como San Román, Rúa e Cervo, que conseguen unir esforzos para converter esta cita nun gran punto de encontro cultural en Sargadelos, “un lugar único de por si, un referente cultural e patrimonial no que conviven durante todo o ano proxectos artesáns, creativos e culturais que lle dan vida á contorna e a converten nun espazo singular”.
O III Festival Espallando Letras arrincará ás 11:00 horas coa apertura da xornada. Ao longo da mañá haberá actividades infantís a cargo de Cabaliño de Pau, visitas ao obradoiro de forxa artística de Telmo Cao e unha degustación de Marmeladas A Morena.
Ás 13:00 horas celebrarase a lectura homenaxe ás Letras Galegas dedicada a Begoña Caamaño, para continuar despois coas actuacións de A Rebolaxe, Milicrocas e o grupo infantil SCR Ledicia.
A programación continuará ás 14:00 horas cunha proposta gastronómica popular con xamón cocido e empanada, e desde a organización animan tamén ás persoas que se acheguen a traer o seu propio pícnic.
Xa pola tarde, desenvolveranse talleres de peneira pequena e cestiña de flores secas en Hai Larán, ademais da actuación musical de Os Chiribicos ás 17:00 horas.
As actividades son gratuítas, aínda que sería convinte a anotación previa no teléfono 629 95 17 61 (Raquel). Desde a organización lembran ademais que no propio día tamén se admitirán inscricións no caso de quedar prazas libres.
No caso de chuvia, a comida e as actuacións trasladaranse ao Pavillón de San Román.
O festival volverá converter Sargadelos nun punto de encontro para celebrar a lingua e a cultura galega nun ambiente festivo, familiar e participativo “é tamén unha magnífica oportunidade para achegarse e coñecer de preto o traballo que desenvolven iniciativas como Cabaliño de Pau, Marmeladas A Morena, Telmo Cao no seu obradoiro de forxa artística, ou Hai Larán, que forman parte dese ecosistema creativo e artesanal que fai especial Sargadelos.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



