Que o Bng non ten moita conexión coas Asociacións xa nos quedou claro a todos dende que lles fixo devolver as subvencións da Xunta de Galicia que lles foran concedidas para arranxar os seus locais. Quen sabe cantas mentiras lles inventaron (como se os veciños foran fatos) para non dar os permisos necesarios para as obras. Máis tarde tocoulles ás Carpas, que tamén foron e son ben criticadas por parte da oposición, aínda sabendo que non as paga o Concello!! Saben que é unha xestión ante a Xunta de Galicia e non afecta os orzamentos municipais. Cada lector que valore o motivo da crítica… E agora tamén se pronuncian en contra do Voluntariado!!! Vamos, que cada día fan máis amigos, están que derrochan proximidade cos veciños e coa vida activa de Ribadeo!!.
Todos pensamos que con tanto cambio de asiento entre eles, o mellor lles traía aires máis frescos e saudables pero a realidade é que se percibe o mesmo cheiro a esa maldade que parece ven de serie.
Por criticar, critican todo. Atrévense a criticar que colaboremos coas diferentes entidades que promoven actividade en Ribadeo, actividades que favorecen a economía, actividades que traen xente que come, merca no comercio e durme en Ribadeo, e coas que o Concello colabora cun pincheo en negocios locais.
¿Qué tenen en contra dos Congresos? Cardioloxía, Traumatoloxía, Pediatría… ou Xuntanza de blogueros gastronómicos… cursos da USC cos que tamén colaboramos no café do descanso… Foro de Down ou de Alzheimer… Foro de Turismo ou de Empresarios…
Diferentes actividades e todas moi importantes que dinamizan a economía local e coas que non colaboramos económicamente pero Sí ofrecendo o espacio e un pincheo de benvida ou café dependendo do horario.
¿Cál é o problema do bng? ¿están agora en contra de desestacionalizar o turismo, ou acaso non o consideran “turismo de calidade”? ¿Critican tamén a colaboración con Loctudy? Porque esta entidade está liderada por persoas que pertencen á dirección do bng, as cales pediron colaboración institucional ó Concello cunha cea de benvida… Neste caso, ¿acéptase a colaboración? Porque se por un lado se solicita e por outro se critica… o bng ten un problema máis serio do que pensamos. O Festival do Fest Clasic… ¿considerámolo colaboración ou derroche?
¿E que problema tenen co VOLUNTARIADO? ¿qué ilegalidade hai en ofrecer un pincheo de AGRADECEMENTO ás personas que axudan en eventos deportivos ou na Cabalgata de Reis por exemplo. Ou o que critican é a comida anual de PROTECCIÓN CIVIL? Parécelles un derroche unha comida ao ano para persoas que traballan de maneira altruísta cada vez que Ribadeo os precisa?
Hai que ser moi MALAS PERSOAS para pretender confundir ós veciños. O GASTO DE PROTOCOLO É OUTRA COUSA e convidámolos a comparar as dietas dos gobernos do bng coas deste goberno.
As eleccións non se gañan enganando e confundindo ós veciños que non son fatos. As eleccións gañanse traballando moi duro, traendo iniciativas e propoñendo. Este goberno o que fai é traballar e invertir en Ribadeo directa ou indirectamente, e vamos seguir colaborando, tanto coas entidades como co voluntariado, porque aínda que o bng non o crea, un pobo e unha sociedade avanza e medra se todos remamos xuntos e na mesma dirección. O que vai contra corrente, normalmente traga auga para rematar afogando, a non ser que teña sorte e algún voluntario o vaia rescatar.
Dende o Concello AGRADECEMOS tanto a entidades como a voluntariado todo o traballo que realizan de maneira desinteresada, SEMPRE EN BENEFICIO DE RIBADEO.
Seguiremos traballando arreo a carón deles na procura do Ribadeo que queremos.

















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



