Os concelleiros esixirán no vindeiro Pleno do Concello, entre outras, estas actuacións atendendo ás queixas dos veciños e veciñas
Vilalba, 27 de maio de 2026. O PP reclamará ao goberno de PSOE e Vilalba Aberta no Pleno deste xoves diversas melloras para dar resposta ás queixas trasladadas polos veciños e veciñas entre as que se atopan a instalación de sistemas de climatización no Punto de Atención á Infancia (PAI) ou a mellora do acceso ao aparcamento público da rúa das Pedreiras.
Os populares esixen ao goberno local que adopte as medidas necesarias para dotar ao PAI dun sistema de climatización eficaz e sostible co que garantir o benestar dos nenos e nenas e do propio persoal do centro.
Os concelleiros comparten a preocupación das familias dos usuarios e do persoal que presta o servizo á vista de que “as instalacións acadan, en períodos de altas temperaturas como o que estabamos a vivir estes días, niveis térmicos pouco adecuados para a permanencia prolongada de nenos e nenas de curta idade que son especialmente vulnerable á calor”. Así mesmo, apuntan que “esta situación pode repercutir negativamente na súa saúde, descanso e desenvolvemento diario, ademais de dificultar o normal funcionamento do servizo”.
O PP vilalbés cre “necesario mellorar tanto a funcionalidade como as condicións de seguridade viaria e accesibilidade ao aparcamento da público rúa das Pedreiras que da servizo ao entorno da Praza de Santa María, o Auditorio Municipal, residencias da zona e demais equipamentos e que, na actualidade, presenta “deficiencias”.
Os populares esixirán, polo tanto, o reforzo e mellora da sinalización, tanto nos accesos como nas saídas, para favorecer a orientación dos condutores e garantir unha circulación máis segura e ordenada. Tamén propoñen “estudar e executar unha mellora da saída cara á rúa das Pedreiras para facilitar a incorporación dos vehículos e incremente a seguridade viaria, xa que actualmente é difícil manobrar”. E esixen “reforzar a sinalización de prohibido estacionar no acceso dende a rúa Ferrería para garantir a correcta utilización do aparcadoiro”.
Con carácter prioritario, urxen a “actuar sobre o pavimento, drenaxe e sistema de recollida de augas da rampla de acceso e saída do aparcadoiro, evitando os arrastres de materiais cara a vía pública” porque “xera problemas de accesibilidade e situacións de risco de caídas para os peóns, especialmente ás persoas maiores, nenos e persoas con mobilidade reducida”.
De cara á dotación de máis aparcadoiros públicos, os populares preguntarán ao goberno local cales son as parcelas que se empregarán con esta finalidade e en que estado se atopa o expediente.
MÁIS ASUNTOS
Tendo en conta que o Partido Popular considera prioritario o PXOM para favorecer o desenvolvemento de Vilalba e as políticas dirixidas ao asentamento da poboación a través da creación de oportunidades de emprego no municipio, preguntarán tamén polos avances do PXOM que anunciaba o goberno local no último Pleno e o estado de licitación das seis parcelas do polígono industrial.
Outros anuncios do goberno de PSOE e Vilalba Aberta aínda pendentes de resolver serán obxecto das preguntas dos populares. Por exemplo, a resolución das múltiples alegacións ao inventario de camiños municipais ou a adxudicación do bar situado na praia da Madalena.
E, de cara ao verán, os concelleiros do PP esixen explicacións sobre a data prevista para a apertura da piscina exterior, as actividades previstas para o San Xoán, a planificación das festas patronais de San Ramón e Santa María 2026.
Os concelleiros do Grupo Municipal Popular urxen a comezar os traballos de desbroce nas vías das parroquias e esixen explicacións ao goberno de PSOE e Vilalba Aberta sobre as bases dos colectores do lixo: cantas se levan realizado dende a aprobación do novo contrato do lixo, quen ordena a instalación física e o motivo da súa realización sen ningún tipo de sistema de drenaxe.

















Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
A xornada incluirá exhibicións de patinaxe artística e ximnasia rítmica, así como a entrega de diplomas e dun agasallo para todos os nenos e nenas das distintas disciplinas das escolas: voleibol, balonmán, multideporte, ximnasia rítmica e patinaxe artística. Será unha tarde especial para recoñecer o esforzo, a ilusión e o compañeirismo amosados ao longo de todo o curso.
O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19,765 e 22,933. As obras, executadas pola empresa OVISA Pavimentos y Obras S.L.U., contan cun investimento da Deputación de Lugo de preto de 190.000 euros.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. No acto de apertura servirase un viño acompañado dun pequeno aperitivo.
O colectivo denuncia que, tras anos de espera, continúa sen obter unha resposta xusta ás súas reivindicacións e esixe o recoñecemento da súa categoría profesional, unha reclasificación acorde coa súa cualificación e unha retribución inmediata e adecuada ás súas funcións. Os profesionais reclaman tamén axilidade nas solucións, lembrando que levan demasiado tempo entre promesas incumpridas e parálise administrativa.
Nesta edición interpretará obras de Haydn e Chopin, ademais de presentar composicións propias nun programa íntimo e especial que xa se converteu nun encontro imprescindible cada ano. Ao rematar, ofrecerase un brinde e aperitivo para todos os asistentes. As entradas están á venda e pódense reservar no teléfono 644 69 42 80.



