Ribadeo, 6 de maio de 2026. O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, ofrece un curso gratuíto de administrativo dirixido a persoas desempregadas, aínda que tamén poden inscribirse como mellora de emprego persoas que estean a traballar. Esta acción formativa inclúe prácticas en empresa e ademais permite obter o certificado de profesionalidade. As probas de selección realizaranse o día 13 de maio, mércores, ás 18:00 horas no CIFP Porta da Auga.
“Buscas traballo estable? Fórmate como administrativo e abre as portas ao teu futuro co certificado de profesionalidade de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais de 508 horas (108 de prácticas na empresa) de nivel I sen requisitos de acceso. Aprende a interpretar unha nómina, xestión de documentos, atención ao cliente, facturación, contabilidade básica e manexo de ferramentas ofimáticas como correo electrónico, Excel e Word. Un curso práctico, con saídas reais en empresas. Infórmate agora no teléfono 982.12.88.94 e dá o paso cara o emprego”, anuncia o CIFP Porta da Auga.
As persoas interesadas poden obter máis información sobre este curso acudindo ao CIFP Porta da Auga ou chamando ao teléfono 982.12.88.94.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



