Viveiro, 5 de maio, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro acusa á alcaldesa de empregar as redes sociais institucionais do Concello como unha ferramenta de propaganda ao servizo do Partido Popular. Segundo sinalan, os perfís oficiais están a ser utilizados de maneira partidista, a pesar de tratarse de canles públicas que deberían representar a toda a Corporación municipal.
O grupo socialista afirma que, nos últimos meses, os contidos publicados —incluídos vídeos financiados con fondos municipais— presentan un patrón reiterado: presenza constante da alcaldesa e do seu equipo de goberno e ausencia total da oposición. Segundo indican, mesmo se eliminan planos nos que aparecen representantes doutros grupos, construíndo un relato no que a oposición “non existe”.
Esta situación, segundo o PSOE, repítese en actos institucionais, culturais e sociais nos que participa a Corporación ao completo. A pesar de que a oposición asiste, apoia e colabora, aseguran que esa realidade non se reflicte nos contidos oficiais difundidos polo Concello.
O grupo socialista lembra que as redes municipais non son ferramentas ao servizo dun partido político nin dunha persoa concreta, senón canles institucionais que deben garantir pluralidade e respecto á representación democrática. Engaden que cada vez máis veciños e veciñas lles trasladan o seu malestar ao comprobar que a presenza da Corporación non se mostra de maneira completa.
Tamén subliñan que nas eleccións municipais de 2023 a cidadanía non outorgou maioría absoluta a ningún partido, polo que consideran que o funcionamento institucional debe basearse no respecto á pluralidade. Por este motivo, o PSOE de Viveiro esixe á alcaldesa que poña fin a estas prácticas e que garanta un uso institucional, plural e respectuoso das redes sociais municipais.
Segundo o grupo socialista, “non se pide protagonismo, senón evitar ser borrados”, lembrando que a oposición representa a milleiros de veciños e veciñas que tamén deben verse reflectidos nas canles oficiais do Concello.






















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



