Viveiro, 5 de maio, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro trasladou ao goberno local varios rogos relacionados co estado de mantemento de diferentes zonas e servizos do municipio. As peticións céntranse en catro ámbitos: limpeza viaria no Paraíso, sinalización en Celeiro, conservación de monumentos e información sobre un convenio para o arranxo de pistas en Vieiro.
En primeiro lugar, o grupo socialista recolleu as queixas da veciñanza do Paraíso, que denuncia problemas na recollida do lixo, falta de limpeza viaria, crecemento da maleza e carencias na iluminación pública. Tamén sinalan que o servizo de barredora non cobre toda a zona. Por este motivo, solicitan ao goberno municipal que reforce os servizos de limpeza e desbroce para garantir un mantemento adecuado.
En segundo lugar, o grupo socialista alerta do mal estado de dúas sinais de tráfico na rúa do Porto, en Celeiro, que permanecen danadas e inclinadas desde antes do Nadal. Consideran que isto evidencia unha falta de mantemento nunha vía recentemente renovada e piden explicacións sobre os motivos da demora, así como a súa reposición inmediata.
O terceiro rogo refírese ao estado de conservación de varios monumentos de Viveiro tras a Semana Santa de 2026. O grupo socialista afirma que este ano non se realizou a tradicional limpeza de maleza en espazos patrimoniais como a Porta de Carlos V ou a Igrexa de San Francisco, o que ofrece unha imaxe pouco axeitada en datas de alta afluencia turística. Solicitan explicacións e a planificación de traballos de mantemento a curto prazo.
Por último, o grupo socialista pide información sobre o posible convenio entre o Concello de Viveiro e a Comunidade de Montes de San Ciprián de Vieiro para o arranxo de pistas municipais en 2026. Solicitan saber se o acordo está asinado, o importe previsto e as pistas incluídas, destacando a importancia da transparencia en actuacións que afectan directamente á veciñanza.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



