Trabada, 19 de maio de 2026. O Concello de Trabada vén de rematar as obras de mellora no teleclub de Sante, local social da parroquia, nun proxecto que supuxo un investimento de máis de 50.000 euros e que foi posible grazas a un convenio asinado coa Deputación de Lugo.
As actuacións permitiron renovar tanto o exterior como o interior destas instalacións municipais. No exterior levouse a cabo a construción dunha rampa de accesibilidade, ademais do pintado integral do edificio. Xa no interior, realizouse unha reforma completa coa instalación dun novo teito, novo chan, pintado xeral, novas luminarias e a eliminación do antigo escenario existente, gañando así maior espazo útil para o desenvolvemento de actividades.
Con motivo da finalización dos traballos, o alcalde de Trabada, Rubén García, convida á veciñanza a participar nun pequeno acto de inauguración que terá lugar este venres 22, a partir das 20:30 horas, no propio local social, especialmente aos veciños e veciñas da parroquia de Sante.
Rubén García destacou que “continuamos mellorando os espazos públicos e sociais do noso concello, creando instalacións máis accesibles, modernas e adaptadas ás necesidades da veciñanza”.
O alcalde sinalou tamén que “este proxecto forma parte da liña de traballo que vimos desenvolvendo nos últimos anos para reformar os nosos espazos públicos, algo que xa está dando resultados coa crecente actividade que se desenvolve nas distintas parroquias do municipio”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



