Ribadeo, 19 de maio de 2026. Compromiso cumprido cos veciños de Ribadeo. O Concello deu todos os pasos para que a Xunta poida licitar o proxecto do novo centro de saúde. O alcalde, Dani Vega, que fai unha valoración moi positiva tras a aceptación oficial por parte da Xunta dos terreos que ocupará esa nova instalación.
O rexedor contou que “no día de onte aprobouse no Consello da Xunta a entrega dos terreos para a construción do novo centro de saúde. Dende logo, é unha satisfacción, é unha alegría que este paso xa se concretara, xa se puxera fin a toda unha tramitación administrativa burocrática, que nos levou máis dun ano, porque houbo que chegar a acordos, houbo que expropiar, houbo que facer todo un proceso administrativo para que se concretara aí a construción do novo centro de saúde, incluídas varias reformas urbanísticas para posibilitar a construción, soamente neste espazo, neste terreo, para a construción de edificios de interese público”.
Vega dixo: “estamos falando dun centro de saúde, dun colexio ou dunha gardería, sempre nese obxectivo de edificios a servizo da comunidade. A partires de agora xa se empezará a redactar o proxecto de construción do centro de saúde e despois xa será a licitación para a construción. Queda moito traballo, queda moito que facer, pero o que é a tramitación e a entrega dos terreos e datos importantes, libres de cargas, está listo. Tamén todos os compromisos que adquiriu o Concello xa estamos cumprindo, que é urbanizar no seu entorno, darlle entrada a esa parcela, o cal a partir do mes de xullo vamos empezar as obras na Avenida de América, son 350.000 euros, que nos comprometemos nós, pero tamén fomos capaces de xestionar esa partida por parte da Xunta de Galicia para adecuar e mellorar todo ese espazo da Avenida de América”.
O alcalde subliñou que “todo o traballo que se está facendo é moi importante, teño que felicitar tanto aos técnicos municipais, porque non se perdeu un día, pero levou moito tempo a tramitación, que foi bastante farragosa, tamén felicitar á Xunta de Galicia, aos técnicos e á Consellería, por entender que é algo prioritario para a Ribadeo e tamén felicitar ao conselleiro e ao presidente da Xunta por traballar conxuntamente para decidir esa inversión, unha nova inversión, estamos a falar de 7 millóns de euros que veñen para Ribadeo para ter un novo PAC, un novo centro de saúde, tamén instalacións no entorno, aparcadoiro ou tamén xa ter no mesmo espazo o 061. Estamos falando de novas instalacións, de novo equipamento, pero tamén de novos servizos sanitarios para Ribadeo. É unha mellora importante, é unha mellora que nós loitamos xa na oposición por este novo centro de saúde e agora desde o goberno o que estamos é concretando cada día, pasos para ter este novo centro de saúde tan importante para todos”.



















A actividade estivo guiada por Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, quen impartiu unha charla sobre a xestión do ánimo. Foi un encontro pensado para aprender a relaxarse, fomentar o pensamento positivo e coidar a saúde emocional. A iniciativa contou co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Nesta edición interpretará obras de Haydn e Chopin, ademais de presentar composicións propias nun programa íntimo e especial que xa se converteu nun encontro imprescindible cada ano. Ao rematar, ofrecerase un brinde e aperitivo para todos os asistentes. As entradas están á venda e pódense reservar no teléfono 644 69 42 80.
O alumnado vén de rematar uns fermosos reloxos personalizados, elaborados con dedicación, creatividade e moita ilusión. Unha nova manualidade feita coas súas propias mans que volve poñer en valor o talento e o entusiasmo que se respira nestes talleres. A actividade desenvólvese cada venres na Casa do Mar de San Cibrao, en colaboración con Saúde Mental A Mariña. A concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, participa habitualmente nas sesións, onde comproba de primeira man o bo ambiente de convivencia, aprendizaxe e benestar que caracteriza este espazo. Un lugar de creatividade e participación que continúa medrando día a día.
As actividades desenvólvense durante esta fin de semana na capela e a área recreativa do alto da Grela, que acollen os actos litúrxicos e a romaría respectivamente, con animación musical, verbena e un espectáculo infantil entre outras propostas.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
Trátasde dun grupo coñecido pola súa posta en escena humorística e teatral, que combina música tradicional con estética de taberna e espírito festivo. O evento celebrarase o 22 de maio ás 23:00 horas na Rúa do Cobo nº 18, cun prezo de entrada de 5 euros. As persoas asistentes están convidadas a traer instrumentos para sumarse á foliada. A actividade conta con presenza en Facebook, Instagram e TikTok, onde se pode seguir a programación e novidades do espazo.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).


