Cervo, 15 de maio, 2026. O Concello de Cervo acollerá o III Festival Espallando Letras o vindeiro 17 de maio, unha cita cultural que se celebrará no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos con motivo do Día das Letras Galegas.
No acto de presentación participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e representantes das tres asociacións organizadoras: a Asociación de Veciños de San Román, As Espalladoras e Airiños do Xunco, na propia contorna de Sargadelos, escenario do festival.
A alcaldesa destacou “a importancia de seguir impulsando iniciativas que poñen en valor a nosa lingua, a nosa identidade e o enorme potencial cultural do noso municipio”. Engadiu que “con este festival celebramos o Día das Letras Galegas do mellor xeito posible: enchendo Sargadelos de cultura, tradición, música e convivencia arredor das nosas raíces”.
García Caramés puxo tamén en valor “o traballo conxunto das tres asociacións organizadoras, procedentes de diferentes parroquias —San Román, Rúa e Cervo—, que unen esforzos para converter esta cita nun gran punto de encontro cultural nun lugar único como Sargadelos, referente patrimonial e creativo durante todo o ano”.
O III Festival Espallando Letras comezará ás 11:00 horas coa apertura da xornada. Durante a mañá haberá actividades infantís a cargo de Cabaliño de Pau, visitas ao obradoiro de forxa artística de Telmo Cao e unha degustación de Marmeladas A Morena.
Ás 13:00 horas celebrarase a lectura homenaxe ás Letras Galegas, dedicada este ano a Begoña Caamaño, seguida das actuacións de A Rebolaxe, Milicrocas e o grupo infantil SCR Ledicia.
A programación continuará ás 14:00 horas cunha proposta gastronómica popular con xamón cocido e empanada, aínda que a organización anima tamén a levar pícnic propio.
Pola tarde haberá talleres de peneira pequena e cestiña de flores secas en Hai Larán, ademais da actuación musical de Os Chiribicos ás 17:00 horas.
As actividades son gratuítas, aínda que se recomenda inscrición previa no teléfono 629 95 17 61 (Raquel). O mesmo día admitirase xente se quedan prazas dispoñibles. En caso de chuvia, a comida e as actuacións trasladaranse ao Pavillón de San Román.
O festival volverá converter Sargadelos nun espazo de celebración da lingua e da cultura galega, nun ambiente festivo, familiar e participativo. Será tamén unha oportunidade para coñecer de preto o traballo de proxectos como Cabaliño de Pau, Marmeladas A Morena, o obradoiro de Telmo Cao ou Hai Larán, parte esencial do ecosistema creativo e artesanal que fai especial este lugar.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.


