A reforma impulsada desde a Alcaldía moderniza completamente o espazo, que contará con novo mobiliario, mellora acústica e capacidade para 36 usuarios e usuarias
Vilalba, 19 de maio de 2026. O Concello de Vilalba reabre este mércores, 20 de maio, a aula de estudo da Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz, tras a reforma integral realizada no primeiro andar do edificio. A actuación supón unha transformación notable das instalacións.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, visitaron hoxe o espazo coincidindo coa finalización dos traballos.
Esta intervención forma parte do proxecto de remodelación integral do primeiro andar da biblioteca, impulsado desde a Alcaldía, e que permitiu reorganizar e modernizar completamente este espazo municipal.
A renovada aula de estudo conta cun deseño máis funcional e adaptado ás necesidades actuais dos usuarios, incorporando novo mobiliario, melloras acústicas e unha iluminación específica para favorecer o estudo e a concentración. O espazo dispón agora de 36 postos distribuídos en seis mesas, todas elas con conexión directa á electricidade.
Ademais, instalouse un novo teito acústico para reducir a reverberación e mellorar o confort, así como luminarias LED que garanten unha iluminación máis eficiente e homoxénea.
A aula manterá o seu horario habitual, de luns a venres entre as 8:00 e as 21:00 horas, ofrecendo un servizo continuado que permite aos estudantes empregar o espazo durante todo o día sen interrupcións.
A alcaldesa, Marta Rouco, destacou que “esta actuación supón unha mellora moi importante para un espazo moi empregado polos estudantes de Vilalba e por moitas persoas que utilizan diariamente a biblioteca”. Tamén puxo en valor “o horario continuado de 13 horas, sen peche ao mediodía, que facilita que os usuarios poidan organizar o seu tempo de estudo con maior comodidade”.
Pola súa banda, o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, subliñou que “a reforma permitiu modernizar completamente unha instalación que precisaba adaptarse ás necesidades actuais, tanto desde o punto de vista funcional como do confort e da eficiencia”.
A actuación abrangueu preto de 150 metros cadrados do primeiro andar e permitiu tamén habilitar a nova aula Agustín Fernández Paz, un espazo expositivo e divulgativo que acollerá parte dos fondos persoais doados pola familia do autor ao Concello de Vilalba. Estes fondos deberán pasar por un proceso de catalogación previo á súa exposición e posta en valor dentro desta nova aula dedicada á figura do escritor vilalbés.

















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



