Reparar e preparar diferéncianse nunha soa letra, pero o seu significado é ben diferente. Preparar é máis complexo, trátase de crear, estar preparado… e ten máis letras. Por la contra, a reparar fáltalle o p: é coma se estivera incompleto. Trátase de procurar que algo que non funciona, que non está ben, volva a estalo.
Podemos lembrar que este 2026 imos poder contemplar -está previsto- unha eclipse único nas nosas vidas. Iso quere dicir que será o de mellores condicións astronómicas visible dende Galicia na duración previsible das nosas vidas. Bueno, único… ó mellor non chega a único, porque no momento da eclipse pode estar cuberto o ceo, ou aínda pode estar a chover, e os efectos poderán ser un pouquiño diferentes: poderiamos non ver como se recorta o disco solar e a negritude tería menos contraste, non se podería ver a coroa solar -momento de ‘fogos artificiais’ da eclipse- mesmo os paxaros e outros animais non cambiarían o seu comportamento de xeito tan ostensible como na eclipse -parcial- que tivemos ocasión de observar en Ribadeo hai algo máis de 20 anos (una imaxe, en https://ribadeando.gal/2005/10/03/eclipse-en-ribadeo/).
Con esa desculpa -a de paliar os efectos dunha mala visión- por exemplo, o concello de Ribadeo e o concello de Lalín van unirse de xeito telemático con dúas pantallas para ver a eclipse. Hai que dicir que nese compartir pantallas en principio suponse que van saír gañando os de Lalín, pois en boas condicións en ambos lugares, o minuto e medio largo que se vai poder ver a eclipse total en Ribadeo vai quedar reducido a cero en Lalín. Así, e aínda que as estatísticas sinalan menos atrancos con nubes en Lalín que en Ribadeo polas datas da eclipse, pódese dicir que os de Lalín están a preparar a eclipse aumentando as posibilidades de velo mentres os de Ribadeo estarían máis ben reparando os estragos para ver algo da eclipse. Por suposto, sen considerar -aparte- doutras cousas como onde se van tomar as imaxes nun lugar e noutro, como e onde se vai a proxectar -en Ribadeo, unha pantalla ‘xigante’ nun espazo protexido e con límite diario de visitas, como é As Catedrais-, ou a ‘atracción’ que supón o comentario dun astrónomo recoñecido como José Ángel Dobobo. Pero iso é unha anécdota máis.
A xente que está preparando a eclipse e vindo doutros lugares prevé custosas noites de residencia por aquí, sen embargo non ‘encarga’ o ceo despexado, non pode. Esa é unha preparación un pouco en plan turístico de moda, pero pouco máis. Algo en certo xeito na liña de que sobre as eclipses sempre houbera unhas ideas un pouco raras, cando había ideas. Porque o normal era non ter idea xa non da previsión dun suceso así, senón do que ocorría, collida a xente de sorpresa, e pensar calquera idea rara para a explicación. Di a biblia que algunha eclipse axudou, polos coñecementos astronómicos que traían os israelís despois de vivir en Exipto -vaites, vantaxes da emigración!-, a conquistar o territorio (xa daquela!), e tamén hai crónicas que din que favoreceu a invasión normanda da Gran Bretaña, e moitas cousas máis, a raíz de ser un fenómeno celeste incomprendido. Iso, ata os nosos días. Vou citar unha anécdota dun meu avó nunha eclipse de Sol en 1905: neno aínda, non foi avisado nin preparou nada, e despois de saír coas vacas sentiu ó pouco que comezaba a escurecer e arrefriar. Volveu, cavilando que o tempo se lle pasara moi rápido. Non foi consciente do mecanismo da eclipse ata que, xa na casa, volveu a aumentar a luz e tivo que voltar co gando a pastar, reparando así o efecto do seu descoñecemento.
Hoxe por hoxe, hai cantidade de información, que xa chega a ser repetitiva e pesante -paso previo para ignorala- a pesar de que eu particularmente tamén estea preparando a miña pequena aportación a ese peso.
Unha nota: a principal preparación para a eclipse é o coidado da vista: non mires de xeito directo ó Sol sen gafas especiais para a eclipse, é máis perigoso que un día despexado normal! Senón, despois terás que reparar os ollos…

















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



