Ribadeo, 12 de xuño, 2026. “Ribadeo, un faro de ciencia” foi o lema da XXXI Feira da Ciencia, celebrada esta semana de maneira conxunta polos catro centros educativos ribadenses.
A xornada inaugural estivo marcada por unha emotiva homenaxe ao profesor D. Francisco Díaz-Fierros Viqueira, recoñecido como un verdadeiro faro de ciencia e de cultura en galego. Tras a laudatio realizada por Roberto Rodríguez, exalumno e exprofesor do centro, D. Francisco pronunciou un discurso entrañable no que insistiu na importancia dunha educación en valores, reflexionou sobre o papel esencial da ciencia e felicitou ao alumnado por participar nun evento que lles permite achegarse a unha ciencia “amiga e solidaria, ao servizo da sociedade”.
Como agasallo, recibiu primeiro un busto impreso en 3D, elaborado grazas á colaboración de Conchi Fernández, asesora de coordinación estratéxica do equipo de Polos Creativos da Xunta de Galicia. A entrega correu a cargo do alumnado participante de menor idade, de tan só seis anos, simbolizando o futuro da Feira da Ciencia e a súa pertenza á xeración “Polos Creativos”.
A continuación, Alfonso Piñeiro, exdirector do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, fíxolle entrega dun Faro da Illa Pancha como agradecemento pola súa colaboración continuada co centro desde que impartiu a lección inaugural no curso 2015/16.
Co acto rematado, iniciouse o percorrido pola Feira da Ciencia. O primeiro proxecto visitado foi un traballo baseado no cómic “Vivir no solo”, traducido a 11 idiomas e no que o profesor Díaz-Fierros, como catedrático de Edafoloxía, actuou como asesor científico. A partir de aí, percorreu numerosos proxectos.
O alumnado do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo presentou, entre outros, o estudo sobre o picudo vermello, a praga que obrigou a cortar as palmeiras do instituto; “O pulmón de palomitas”, para concienciar sobre o consumo de vapers; proxectos de actualidade biolóxica como a innovadora inmunoterapia con células CAR-T; os resultados do III Bioblitz; Praia sen plásticos; Cada semente conta, da Unidade de Educación Especial; e os traballos do Bacharelato de Excelencia (STEMBach) en colaboración coa USC: “Que nos fai humanos? A maxia do cerebro” e “Desenvolvemento sostible e actividade turística”.
O Colexio Sagrado Corazón destacou con proxectos como Papel plantable, Misión ADN, Labirinto hidráulico, HortaTech ou Recicla con IntelixencIA, todos eles centrados en experiencias cotiás de aula que fomentan a curiosidade, a experimentación e a aprendizaxe compartida.
O alumnado do CEIP Gregorio Sanz sorprendeu con propostas que promoven a innovación, a inclusión, a atención á diversidade e as competencias STEAM. Ver ao alumnado de primeiro ciclo de primaria explicar o Scratch táctil, o rego automático, os re-polos ou o maio tecendo deixou abraiados a todos os visitantes.
Finalmente, o CIFP Porta da Auga amosou as súas ensinanzas cunha posta en escena chea de imaxinación e creatividade. O centro oferta ciclos formativos de cinco familias profesionais con grande proxección laboral: Administración e Xestión, Transporte e Mantemento de Vehículos, Edificación e Obra Civil, Electricidade e Electrónica e Servizos Socioculturais e á Comunidade.
D. Francisco Díaz-Fierros felicitou o alumnado polo traballo realizado e, tras completar o percorrido, aínda tivo tempo para ser entrevistado polo alumnado de Radio Gamallo, a radio escolar do IES de Ribadeo dirixida polo profesor Modesto Refojo.
Despois de agradecerlle a visita e o tempo dedicado, o alumnado ribadense continuou coas exposicións durante toda a mañá, pois foron moitas as persoas que se achegaron á Feira. En palabras de Susi Besteiro, coordinadora do evento e participante desde a primeira edición:
“Para todo o profesorado implicado, e cada vez somos máis, é un orgullo poder amosar tantos e tan variados traballos, compartir estes días e que o alumnado de Ribadeo siga sendo protagonista nesta XXXI edición da Feira da Ciencia”.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



