Ribadeo, 26 de xuño de 2026. O alumnado de 4º curso de ESO do Colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, celebrou cun evento a súa graduación, coa que rematou a súa última etapa no centro.
Os actos consistiron nunha eucaristía, acompañados de profesorado e de familiares, entrega de orlas e agasallos e o coro Sagrado Corazón dedicoulles a canción La rosa de los vientos. Despois proxectouse no salón de actos un vídeo con imaxes de toda a súa etapa escolar no centro.
A directora do Colexio Sagrado Corazón, Begoña Sanjurjo, dirixiuse ao alumnado: “nuns meses entraredes nun novo centro, coñeceredes novos profesores e faredes novos amigos. Atoparedes oportunidades, pero tamén desafíos. Haberá momentos de ilusión e outros de incerteza. En todos eles, non esquezades quen sodes nin de onde vides. Lembrade: “Saber máis para servir mellor”. Conservade a curiosidade por aprender, o esforzo como compañeiro de viaxe, a humildade para seguir crecendo e a valentía para defender aquilo que é bo e xusto”.
Begoña Sanjurjo engadiu: “Alzade a mirada, este foi o lema da visita a España do Santo Padre. Os humanos non existimos para mirar ó chan.
Pensade nas vidreiras: un cristal só, na nosa man, non ten significado pero o levantar a mirada…todo cobra vida. O Papa invitounos a tecer redes, a crear xuntos, a servir de maneira desinteresada, a ser novos fíos para tecer redes que harmonicen todos os ámbitos da vida: o deporte, a arte, a empresa, a economía… Estes días o Papa León XIV lembrábanos que Deus quérenos tal e como somos, pero sóñanos mellores e por iso temos que seguir adiante, mellorando día a día. Que a vosa fe vos axude a mirar o futuro con serenidade e a construír un mundo mellor. Esta será sempre a vosa casa!”.






















No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.
Trátase dun proxecto educativo pioneiro en Galicia que traballa a autoestima, a motivación e as intelixencias múltiples. A directora, Raquel Hermida, salienta que o programa busca fomentar o talento infantil a través de experiencias novas, traballo en equipo, creatividade e proxectos de emprendemento. A escola funcionará de 8:00 a 15:00 horas para facilitar a conciliación e ofrecerá talleres de oratoria, comunicación e intelixencia emocional, ademais de reforzo escolar, novas tecnoloxías e mecanografía. As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 982 58 50 98 ou no correo raquel@amarina.org.
O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.


