Ribadeo, 27 de xullo, 2026. Un ano máis, a A.C. Francisco Lanza de Ribadeo organiza as Xornadas de Historia Local, que nesta vixésimo cuarta edición están dedicadas á figura de Hernán Naval e ao seu legado como docente de música e como activista social e cultural. Todas as sesións terán lugar na Escola de Música os días mércores 29 e xoves 30 de xullo, a partir das 20:30 horas.
XXIV Xornadas de Historia Local. Hernán Naval. Música, pobo e compromiso
Mércores 29 de xullo · 20:30 h · Claustro da Escola de Música
“A música, pilar da sociedade”, semblanza de Hernán Naval a cargo de Rubén Solloso.
Concerto de cámara do grupo Naval Ensemble, formado por:
Nicolás Gómez Naval
Paula Naval Parapar
Mateo Gómez Naval
Zeltia Pardo Naval
Xiana Naval Chaves
Plácido Travieso Fernández
Xoves 30 de xullo · 20:30 h · Salón de Actos da Escola de Música
Mesa redonda sobre o legado de Hernán Naval como profesor de música e como persoa, sempre presente como un amigo ao carón.
Interveñen:
María Fernández Ramil
Patricia Díaz López
Daniel Rodríguez Saavedra
Miguel Ángel Fernández (Cherry)
A A.C. Francisco Lanza invita á veciñanza a participar nestas xornadas que buscan recoñecer e manter viva a memoria dun referente cultural e humano para Ribadeo.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



