Lourenzá, 7 de xullo, 2026. A Cooperativa Terras da Mariña celebrará este xoves, 9 de xullo, unha xornada de portas abertas destinada a achegar á veciñanza o seu traballo diario, os servizos que ofrece e o papel que desempeña no sector agrogandeiro e no desenvolvemento do rural.
A actividade terá lugar entre as 10:00 e as 13:00 horas nas instalacións da cooperativa, en Ponte de Cuñas (Lourenzá), cun programa pensado para todos os públicos.
Ao longo da mañá, as persoas asistentes poderán visitar as instalacións, coñecer o funcionamento interno da cooperativa e descubrir a súa oferta de froitas e verduras de tempada, procedentes directamente de orixe, así como a ampla gama de alimentación para animais.
Como novidade, o chef Bruno Pena realizará varios laboratorios gastronómicos e degustacións con froita fresca, unha proposta que busca poñer en valor o produto de tempada e promover hábitos de alimentación saudables entre persoas de todas as idades.
Ás 13:30 horas, o equipo técnico de Nudesa impartirá unha charla informativa sobre as diferentes gamas de pensos, as súas características e as necesidades nutricionais das distintas especies gandeiras e animais de compañía, resolvendo dúbidas e ofrecendo información práctica.
Desde Terras da Mariña destacan que esta xornada pretende ser “un punto de encontro para coñecer, aprender e compartir”, reforzando o vínculo entre a cooperativa e a sociedade e achegando á cidadanía a realidade dun sector esencial para o territorio.
A entrada é libre, e a organización anima a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa, que combinará información, divulgación e gastronomía nun ambiente aberto e familiar.

























Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
A súa busca iniciárase ás 18:30 horas de onte e, despois de horas sen noticias, os familiares contactaron co 112 pasada a unha da madrugada. Finalmente, contra as seis da mañá avisaron de que a muller fora localizada nunha finca no lugar de Mos, sen capacidade para erguerse polos seus propios medios, aínda que rexeitou asistencia médica ao atoparse ben. O 112 mantivo informada en todo momento á Garda Civil durante o operativo.
Inclúe as Noites Alternativas e Enredando no Verán. Este martes arrincan as Noites de Futbol na Praia do Torno.
Precísase unha reparación maior e un suplemento de crédito de 350.000 euros, que o Consello de Ministros aprobará a próxima semana. Coa partida concedida, a maquinaria volverá ao paseo en dúas ou tres semanas. O Concello garante que seguirá vixiando os prazos para asegurar a obra con total seguridade.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.
A alcaldesa, Ana Isabel Fernández García, expresou un "orgullo muy grande" por este logro e destacou que a praia urbana "cumple rigurosamente todos los exigentes requisitos que se solicitan". A obtención da bandeira azul require garantir a calidade das augas, socorrismo, accesibilidade e educación ambiental, e o reto agora é manter estes estándares. O Concello colaborou coa Asociación Fraternidad nun proxecto de conservación da fauna local mediante a fabricación e instalación de caixas niño nas dunas de Navia e Frexulfe. Antonio, membro da entidade, explicou o proceso destas dez "casitas de pájaros" e sinalou que "Ha sido un trabajo muy laborioso pero muy gratificante...", agradecendo a colaboración municipal e a visibilidade que dá ao traballo da asociación.
Puxo en valor a importancia deste tipo de eventos para contribuír á preservación dos traballos gandeiros tradicionais. Cómpre salientar que esta festividade está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais, nesta ocasión, a conselleira foi nomeada Monteira Maior, unha distinción honorífica outorgada pola Comunidade de Montes de Buio e Lerín, organizadora do evento, ás persoas que colaboraron con eles ou os apoiaron. Gómez trasladou o seu agradecemento por esta mención e reafirmou o seu compromiso co sector agrogandeiro, un piar fundamental para o desenvolvemento do noso rural.



