A Xunta de Goberno licitou este venres un proxecto por case 250.000€ para mellorar dúas vías provinciais en Abadín e tamén adxudicou obras en Vilalba, Guitiriz, Castro de Rei e Viveiro por case 735.000€
Lugo, 10 de xullo de 2026. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres un novo impulso á mobilidade da provincia coa activación de preto dun millón de euros destinados á renovación de seis estradas provinciais da comarca da Terra Chá e da Mariña. O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, deu conta destas novidades tras a reunión da Xunta de Goberno.
Nese sentido, avanzou que se licitou un novo proxecto por un importe de 249.465,92€ para arranxar dous treitos de dúas estradas do Concello de Abadín:
– Un primeiro tramo de case quilómetro e medio da LU-P-0101, que vai desde o núcleo de Gontán ata Ferreira do Valadouro. Unha estrada que dá acceso a unha gran cantidade de servizos, como a área recreativa de Gontán e diferentes rutas de sendeirismo moi empregadas por residentes e visitantes. As obras realizaranse desde o punto quilométrico 4,770 ata o 6,200.
– O segundo tramo que se vai acondicionar con este proxecto é de algo máis dun quilómetro e medio da LU-P-3106, a vía que une Os Remedios con Romariz pasando por Estelo. O treito que se vai mellorar vai desde o final da estrada -no cruce coa LU-P-0101- ata o punto quilométrico 14,850.
As obras para ambas vías teñen un prazo de execución de 4 meses e consistirán na reapertura de cunetas, na pavimentación con aglomerado en quente e na sinalización.
Adxudicadas obras en estradas de Vilalba, Guitiriz, Castro de Rei e Viveiro
A Xunta de Goberno adxudicou ademais catro proxectos de mellora da rede provincial cun investimento total de 734.853,70 euros e catro meses de execución unha vez comecen.
Concretamente, no concello de Vilalba, a empresa MANTENIMIENTO FORESTAL MG SL executará por 162.489,69€ a rehabilitación da LU-P-6511, que conecta Belesar por Distriz. Con este proxecto acondicionaranse case cinco quilómetros desde o inicio da vía ata o punto quilométrico 4,837. As obras permitirán a mellora da seguridade viaria, renovando o pavimento deteriorado e actuando na drenaxe das vías; incrementando así a súa durabilidade.
En Guitiriz adxudicouse por 206.789€ á empresa OVISA PAVIMENTOS Y OBAS SLU unha actuación para renovar un tramo de máis de catro quilómetros da LU-P-2207, do quilómetro 7,118 ao 11,472, que comunica as parroquias de Coea e Buriz. Esta estrada é moi empregada pola veciñanza para acceder a servizos básicos, pois conecta estas parroquias coa estrada autonómica LU-170. A actuación contempla a reapertura de cunetas e a pavimentación con aglomerado en quente.
En Castro de Rei, a empresa CHOLO SL será a encargada de acometer a rehabilitación dun tramo da LU-P-1112, a vía que vertebra Muimenta e Pacios, por 228.840,46€. O proxecto inclúe a limpeza de cunetas para mellorar a evacuación das augas, o acondicionamento do firme con aglomerado en quente e o pintado da sinalización horizontal. O treito que se vai acondicionar vai desde o inicio da estrada ata o punto quilométrico 3,981€.
Por último, en Viveiro tamén a empresa CHOLO SL mellorará con 136.734,55€ un tramo da LU-P-6612 que dá acceso ao porto de Celeiro, desde a autonómica LU-862 ata a Confraría de Pescadores. As obras consistirán na renovación completa do firme mediante o fresado do pavimento existente, limpeza de cunetas e a drenaxe para evitar problemas de asolagamentos con choivas. Tamén se pavimentará con aglomerado en quente e renovará a sinalización horizontal e vertical da vía.




















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



