Vilalba, 15 de xullo, 2026. A Garda Civil, no marco da operación Moucho, detivo un veciño de Vilalba (Lugo) como presunto autor dun delito continuado de roubo con forza no interior de vivendas, esclarecendo ata o momento catorce roubos cometidos entre setembro do pasado ano e abril deste 2026 en distintos municipios da comarca da Terra Chá.
A investigación foi desenvolvida por axentes da área de investigación da Garda Civil de Vilalba, tras detectarse un incremento de roubos en vivendas unifamiliares situadas en núcleos rurais dispersos dos municipios de Vilalba, Abadín, Castro de Rei e zonas limítrofes.
Segundo a investigación, o presunto autor seleccionaba vivendas illadas, aproveitando a ausencia dos seus moradores e a escasa presenza de persoas na contorna. Tras realizar labores de vixilancia, accedía ao interior mediante o forzamento de ventás, portas ou pechaduras, principalmente pola parte traseira ou pola planta baixa das vivendas.
Entre os efectos subtraídos atopábanse xoias, cobre, grifería, electrodomésticos, vaixelas e outros enseres domésticos. As xoias eran vendidas habitualmente en establecementos de compravenda de ouro en Lugo; os obxectos domésticos comercializábanse no mercado de segunda man da capital lucense; e os metais eran entregados en chatarrerías de Vilalba.
Durante a fase de explotación da operación, practicouse onte un rexistro no domicilio do detido, onde se recuperaron numerosos efectos de presunta procedencia ilícita, cun valor que supera os 30.000 euros. A Garda Civil continúa coas xestións para localizar os seus lexítimos propietarios e determinar a posible relación do detido con outros feitos delituosos.
O detido foi posto a disposición xudicial.
A operación permanece aberta e non se descartan novas actuacións.


























Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.

