Ribadeo, 6 de xullo de 2026. Acisa destaca o esforzo económico que realiza no marco da coorganizacion do Ribadeo Indiano investindo máis de 35.000 euros nesta nova edición deste evento histórico cultural. A vila vístese estes días de branco para gozar dunha cita, que se desenvolverá do 10 ao 12 de xullo.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “as rúas, prazas, rotondas xa están decorándose desde hoxe, aparcamentos a punto, escenarios a piques de estar listos… o XI Ribadeo Indiano xa está aquí. Este ano 2026 con motivo da celebración da undécima edición, e grazas ás axudas obtidas, Acisa Ribadeo fai un novo esforzo e inviste arredor de 35.000 euros. Trátase dun esforzo que ben merece a pena, porque estamos ante a fin de semana máis agardada por todo o tecido empresarial ribadense e tamén pola veciñanza e polos visitantes que enchen Ribadeo para gozar desta cita, que ninguén quere perder”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, subliñou que “esta gran inversión de 35.000 euros aproximadamente, supón arredor do 35% do presuposto de Acisa para realizar actividades durante todo o ano, o que reflexa o enorme compromiso da nosa entidade co evento. E podemos facelo grazas en primeiro lugar aos fondos propios de Acisa, é dicir ás cotas dos nosos socios e socias e aos patrocinios privados que xestionamos, á subvención da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, concretamente á Área de Cultura e tamén da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia. Con estes mais de 35.000 euros, Acisa Ribadeo aporta ao Ribadeo Indiano boa parte da súa esencia, 15.000 vasos conmemorativos, o sorteo da viaxe a México con 180.000 rifas, 20.000 mais que a pasada edición, repartidas entre os 170 negocios asociados, varias actuacións musicais, as actividades de ocio infantil e xuvenil, os mais de 20.000 metros de decoración e 1.000 faroliños tanto de rúas como de negocios e a súa instalación e decoración de rúas, escenarios, prazas, etc… así como publicidade e promoción do evento”.
E engadiu que “esta inversión que fai Acisa esta máis que xustificada, xa que con datos do pasado ano, o Ribadeo Indiano xerou entre 3 e 4 millóns de euros de facturación en todo o tecido empresarial local, sen contar a repercusión na contorna, que tamén a ten, e estimase que atraeu a uns 60.000 visitantes en tres días a Ribadeo”.
Cruzado Iglesias subliñou que “para Acisa Ribadeo é un esforzo económico enorme poder aportar estas contía, pero entendemos que é importante facelo xa que se trata do evento mais singular que ten a nosa vila e que repercute de maneira moi positiva na economía de todo o tecido empresarial local. E por iso tamén debemos de agradecer ás entidades públicas e privadas que confían en nos para xestionar as súas colaboracións económicas. Desde Acisa Ribadeo estamos moi satisfeitos do traballo realizado e da achega que facemos nesta edición, agora chega o momento do comercio, dos bares, dos restaurantes, dos hoteis…. queremos facer un chamamento a que decoren os seus establecementos para a ocasión, que empreguen a decoración facilitada por Acisa para decorar, bares, terrazas, escaparates, queremos que se animen a facer decoracións florais que recrean unhas estampas inigualables, e por suposto animalos a caracterizarse como ribadenses de finais do século XIX ou principios do XX, como auténticos indianos. E como non, animar a veciñanza e visitantes a pedir as rifas para o sorteo da viaxe a México nos establecementos asociados a Acisa ou a facerse cun vaso conmemorativo como recordo do Ribadeo Indiano”.
Pérez Prada manifestou: “nestes días somos moitas as persoas que estamos a traballar a reo para esta nova edición do Ribadeo Indiano, e dende aquí agradecemos a implicación de todas as persoas que dun xeito ou de outro poñen o seu tempo e o seu talento para que esta festa luza espectacular”.
Presidenta e xerente conclúen: “animamos tamén á veciñanza de Ribadeo a decorar os seus balcóns, os seus portais… para que a esencia indiana estea máis presente que nunca na nosa vila. Desde Acisa Ribadeo queremos desexarlles a todos os veciños e visitantes un feliz Ribadeo Indiano e a todos os empresarios locais que traballen moito e ben. Sabemos que son xornadas intensas, pero todo esforzo merece a pena”.





















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



