Foz, 6 de xullo de 2026. O Concello de Foz arranca un dos seus programas estivais por antonomasia, as Noites Alternativas: actividades deportivas e de ocio para a xuventude, en enclaves emblemáticos de Foz coma a Praia da Rapadoira e o Polideportivo do Campo da Cabana, anuncia o Concello, que engade que as actividades serán para rapaces a partir dos 10 anos os luns, martes e mércores e requiren inscrición previa ata o día anterior á actividade no correo electrónico asnoites@concellodefoz.es. A documentación e toda a información está a disposición na páxina web do Concello.
O concelleiro de Xuventude, Ángel Fernández Neira, explica que “as actividades son variadas, inícianse ás 22.00 horas de hoxe, luns, co fútbol sala 3×3, ata o mércores; seguimos co lasertag o 27 e 28 de xullo; o wipeout o 3, 4 e 5 de agosto; o volei praia o 11, 12 e 13 de agosto; o fútbol praia o 17, 18 e 19 de agosto; e o baloncesto 3×3 o 24, 25 e 26 de agosto. Pero esta non será a única actividade da Concellería, xa que volve o Camp Night na Obra Pía de Fazouro, que será a última semana de xullo e para a que pronto colgaremos toda a información e inscricións. O ano pasado foi un verdadeiro éxito. Ademais volven os deslizadores acuáticos a semana do 20 de xullo ao Campo da Cabana e teremos en agosto a festa acuática en Tupide”.
E o alcalde, Fran Cajoto, destaca que “Foz non é só praia e mar, tamén temos moitas actividades que fan que todo o mundo saiba que é un pobo para desfrutar. Esta pasada fin de semana celebramos a I Feira Galega de Artesáns e o XV Festival Coa Nosa Fala, no que desfrutamos das actuacións dos grupos Dous e De Vacas; o venres tamén deu comezo un novo ciclo de Sons na Rúa, co grupo Mplan, da Escola Municipal de Música. Programación cultural e deportiva para todos os gustos e para que todos gocemos do bo tempo”.





















Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



