A Mariña, 10 de xullo, 2026. Galiza prepárase para celebrar o 25 de xullo, Día da Patria Galega, unha data que reunirá en Santiago de Compostela a milleiros de persoas na manifestación que partirá da Alameda ás 12:00 horas e que continuará con diversos actos ao longo da xornada.
Este venres, representantes do BNG e Galiza Nova presentaron no Porto de Foz as actividades que se desenvolverán en diferentes localidades da Mariña durante o mes de xullo, como antesala da celebración nacional.
“Temos que festexar, pero tamén reivindicar”
O responsable comarcal do BNG, Antonio Veiga, destacou que o Día da Patria é un momento para celebrar, pero tamén para reivindicar: “O BNG é unha forza política coherente e transformadora, que traballa por unha Galiza forte, con servizos públicos de calidade. Na Mariña levamos anos de loita contra o desmantelamento da sanidade por parte do PP. Queremos vivir na comarca con todos os servizos, con infraestruturas acordes aos nosos tempos —como a A-74 e a VAP Costa Norte— e con acceso á vivenda, hoxe inaccesible para a maioría das persoas debido ás políticas lesivas do PP”.
A mocidade, en primeira liña
A representante de Galiza Nova na comarca, Cecilia Gómez, puxo o foco nas dificultades da mocidade: “A mocidade galega continúa atopando enormes obstáculos para desenvolver o seu proxecto de vida na súa terra, alimentando unha emigración xuvenil que Galiza leva demasiado tempo padecendo”.
Engadiu que traballan por unha Galiza e unha Mariña onde: os coidados sexan un dereito e non un negocio, a vivenda e a protección social estean garantidas, a mocidade teña oportunidades, o galego estea plenamente normalizado, e a igualdade e o respecto á diversidade sexan norma e non excepción.
🟦 Actividades na Mariña
📍 Sábado 18 de xullo – XXXI Festa da Patria en Foz
Lugar: diante da lonxa
Hora: desde as 19:30
Programa: chicharros lañados, prato emblemático da gastronomía focega, e actuación musical de Os Lambós.
📍 Domingo 19 de xullo – XIX Manifesta da Patria en Barreiros
Lugar: área recreativa de A Insua
Xantar: ás 14:30 (reserva previa nos teléfonos indicados)
Sesión vermú: desde as 13:30 con músicos locais
Actividades: diversas propostas ao longo da tarde.
Actos de Galiza Nova
Luns 20 de xullo: despregamento da bandeira da patria na praia de Illas ás 09:30.
Mesas informativas: en diferentes localidades, incluída Foz o xoves 16.
Murais artísticos: en varios concellos da comarca.
🟦 Manifestación nacional en Santiago – Sábado 25 de xullo
O BNG anima a participar na manifestación baixo o lema:
“Somos unha nación. Soberanía e dereitos nun mundo en paz”.
Saída: Alameda de Santiago, 12:00
Chegada: Praza da Quintana
Actividades: continuidade dos actos do Festigal iniciados o día 24.
Para facilitar a asistencia, o BNG organiza viaxe en bus, con inscrición ata o martes 14 de xullo no teléfono 982 140 654 ou no correo amarinha@bng.gal.






















No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.



