Foz, 10 de xullo de 2026. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a concelleira de Educación, Elena Martínez Pena, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAS dos colexios públicos Fondo Nois, CEIP Número 1 e O Cantel para informalas da aposta do Concello pola consolidación do servizo de Madrugadores nos colexios públicos para “facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ofrecendo unha atención educativa e segura ao alumnado antes do inicio da xornada lectiva, proporcionando un espazo de acollida adaptado ás súas necesidades”.
O Concello de Foz incluíu por primeira vez nos orzamentos, dentro das subvencións nominativas, unha achega de 4.500 euros a cada ANPA “para que o servizo sexa asequible para todas e todos”.
A concelleira de Educación explicou: “promovemos esta reunión para traballar con antelación suficiente antes do inicio do curso escolar. As ANPAS están a facer un traballo importantísimo, xestionando un servizo que permite conciliar as responsabilidades familiares coa actividade laboral, facilitando a vida diaria a moitas persoas. Na reunión abordamos a parte administrativa e os trámites que conleva unha subvención. Trasladáronnos tamén outras necesidades: teño que dicir que as tres asociacións de nais e pais están moi implicadas na mellora das condicións dos seus centros educativos e no Concello van a encontrar sempre apoio”.
O alcalde de, Foz Fran Cajoto, tivo tamén un recordo para Héctor Moris, concelleiro de Educación a comezos da primeira lexislatura do seu mandato: “pola lexítima demanda e o esforzo das ANPAS e grazas ao compromiso de Héctor Moris, iniciouse a colaboración do Concello de Foz co servizo de madrugadores nos tres colexios públicos. Eu mesmo levei tamén un tempo a carteira e teño que dicir que con este modelo, que nos recomendou a Secretaría, vamos consolidar un servizo que consideramos fundamental e que incluímos sempre no noso programa”.
O rexedor municipal engade que “o financiamento debería partir da Xunta de Galicia, titular de Educación, pero non está a apostar por este servizo. Tamén demandamos, despois das necesarias inversións nos colexios Fondo Nois e CEIP Nº 1, que a Xunta invista en necesidades urxentes do CEIP O Cantel, que conta cunha marquesiña en moi mal estado de conservación”.





















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



