A Mariña, 9 de xullo de 2026. A CIG Saúde advirte da existencia de graves riscos para a saúde das persoas usuarias e traballadoras dos centros sanitarios debido á intensa onda de calor que afecta ao país, unha situación que colle ás instalacións sen sistemas de climatización axeitados. Desde o mes de xuño, en centros de saúde, consultorios, PACs e hospitais rexístranse temperaturas que superan os máximos permitidos pola normativa de saúde laboral, incumprindo así as condicións mínimas para garantir un entorno de traballo seguro.
A central sindical leva anos advertindo á Xerencia da Área Sanitaria de Lugo–A Mariña–Monforte de Lemos desta grave vulneración, sen que se adoptasen medidas efectivas. A única actuación realizada foi o envío dunha cantidade mínima de ventiladores a algún centro de saúde, totalmente insuficientes para afrontar a situación.
As elevadas temperaturas dificultan o desenvolvemento normal da actividade laboral e incrementan o risco de desvanecementos e outros problemas asociados ao exceso de calor. O persoal leva tamén anos reclamando ao servizo de subministros a dotación de ventiladores en número suficiente, petición que nunca foi atendida. Aínda que estes dispositivos non solucionan o problema —xa que só moven aire quente— si contribúen a aliviar parcialmente a sensación térmica.
Segundo comprobou a CIG Saúde, este incumprimento por parte da dirección da Área Sanitaria non só afecta á saúde de profesionais e usuarias, senón que imposibilita a realización de actividades esenciais. Programas como a educación maternal e a preparación ao parto vense interrompidos pola imposibilidade de realizar exercicios en condicións seguras. Nas salas de fisioterapia, onde a aparataxe xa desprende calor adicional, tamén se dificulta a rehabilitación das persoas usuarias.
Ante unha situación de alarma que se prolonga máis dun mes sen resposta por parte da Xerencia, a CIG Saúde esixe a execución inmediata e sen escusas do plan de instalación de climatización en todos os centros sanitarios da Área Sanitaria. Reclama tamén a dotación urxente de equipos de ventilación suficientes, cumprindo estritamente a normativa de saúde laboral en materia de condicións ambientais.
A organización sindical reitera ademais a súa solicitude de dimisión do Subdirector de Recursos Económicos pola súa manifesta incapacidade para xestionar as necesidades básicas da Atención Primaria e Hospitalaria da Área Sanitaria de Lugo–A Mariña–Monforte de Lemos.





















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



