Foz, 27 de xullo, 2026. As Xornadas de Historia de Foz continúan este martes, 28 de xullo, ás 20:30 horas, cunha intervención do investigador e músico Mini Rivas, que ofrecerá unha palestra e un concerto titulados Música represaliada e resistente durante a ditadura. No marco da sesión interpretará diversos temas ligados á represión e á resistencia ao franquismo, como o Romance do comandante Moreno ou pezas cantadas polos presos políticos confinados en campos de concentración franquistas. Tamén dará voz a composicións que formaron parte do acerbo resistente na Mariña entre 1936 e os anos 70.
Mini Rivas é unha das figuras máis recoñecidas da música galega das últimas cinco décadas. A mediados dos anos 70 foi un dos fundadores do mítico grupo Fuxan os Ventos, participou posteriormente na creación de A Quenlla e xa no século XXI conformou un dúo con Mero Iglesias, integrante de ambas formacións. Ademais, destaca polo seu amplo labor de recolleita de pezas tradicionais e populares, moitas delas vinculadas ao antifascismo.
Na súa intervención en Foz, Mini Rivas achegarase a diversas expresións da música represaliada e resistente ao franquismo. Recuperará romances populares que relatan crimes dos franquistas e a resistencia democrática, e estreará en Foz pezas cantadas polos presos do campo de concentración de Lavacolla, como Si quieres saber Mercedes / donde está mi paradero / campo de concentración de Lavacolla / donde ando prisionero, coa música da coñecida copla La Parrala.
Rivas interpretará tamén composicións cantadas por membros das organizacións guerrilleiras da Galiza e do Bierzo. Entre elas, estreará pezas entoadas polo grupo de Manuel Girón na comarca do Bierzo, transmitidas por Manuel Zapico, integrante daquela agrupación resistente.
O músico e membro de Fuxan os Ventos explicará como, a finais dos anos 60, comeza un rexurdir da canción reivindicativa na Galiza, que toma novas formas a mediados dos 70 coa creación do Movemento Popular da Canción Galega. Nese contexto xorde Fuxan os Ventos, cuxos temas chegaron a ser censurados mesmo despois de 1975. Mini Rivas ten previsto interpretar algunhas destas pezas no festival de Foz.
As Xornadas de Historia de Foz continuarán o 29 de xullo ás 20:30 horas na Casa da Cultura, onde o investigador focego Xosé Ramón Ermida Meilán ofrecerá a palestra A Mariña na loita contra o franquismo nos anos 50 e 60. Ermida recuperará a memoria de figuras destacadas da resistencia antifranquista, como Antón Moreda (San Miguel de Reinante), os focegos Luís Gonçales Blasco, Ramón Couto e Adolfo Paz, ou o laurentino Francisco del Riego. A sesión servirá tamén para presentar o seu último libro, A batalla pola nación. Historia da creación e da consolidación da Unión do Povo Galego (Volume I), publicado en maio de 2026.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



