O alcalde, Valentín Calvín, asinou hoxe un convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para actuar nos baños, na cuberta e na fachada do centro
Ortigueira, 3 de xullo de 2026. O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, asinou hoxe un novo convenio de colaboración co xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, que garantirá un investimento de máis de 48.000 euros para acometer novas obras de reforma e mantemento na residencia de maiores do municipio, pertencente á rede pública autonómica. No acto de sinatura tamén estiveron presentes as concelleiras Ana Cartelle, Isabel Rego e Joaquina Piñeiro.
Ao tratarse dun inmoble de titularidade municipal, o Concello de Ortigueira asumirá directamente a contratación e o seguimento técnico dos traballos, que se executarán ao longo deste mesmo ano. As actuacións centraranse na reforma integral de varios cuartos de baño na planta alta, na reparación e mellora da cuberta (incluíndo canalóns e baixantes) e no pintado dunha parte da fachada exterior.
O rexedor ortegano amosou a súa satisfacción pola sinatura deste acordo, que dá continuidade a unha estratexia de mellora continua por fases. Calvín quixo poñer en valor o esforzo investidor realizado no centro residencial desde o inicio do actual mandato local, afirmando que “cuando asumimos el gobierno de Ortigueira en 2023, teníamos claro que la atención y el cuidado de nuestros mayores debía ser una prioridad absoluta. Con esta nueva partida, la inversión total destinada a la residencia en estos tres años supera ya los 200.000 euros”, destacou o alcalde.
Valentín Calvín explicou que este modelo de intervención por fases, froito da colaboración estreita coa Xunta de Galicia, está a dar uns froitos excelentes. “Decidimos planificar las obras año a año de forma estratégica. De este modo, logramos modernizar paulatinamente las instalaciones sin alterar en absoluto el día a día ni la tranquilidad de los residentes. En estos tres años ya hemos reformado otros baños, renovado instalaciones clave, pintado interiores y adquirido nuevo equipamiento”, subliñou Calvín.
Para o alcalde, este convenio é un exemplo claro de como a cooperación institucional redunda directamente na calidade de vida dos veciños e veciñas máis vulnerables do municipio, asegurando que “queremos que nuestros mayores dispongan de unas instalaciones dignas, cómodas y seguras, a la altura de lo que merecen. Vamos a seguir trabajando mano a mano con la Xunta y exigiendo inversiones para que Ortigueira cuente con unos servicios sociales de vanguardia”, conclúe o rexedor.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



