Cervo, 14 de xullo do 2026. O Concello de Cervo celebrou o acto de entrega dos premios do XVI certame fotográfico “Cervo Respecta”, organizado con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, unha iniciativa que ten como obxectivo promover a sensibilización ambiental e poñer en valor a riqueza paisaxística e natural do municipio a través da fotografía.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, foron as encargadas de entregar os premios, consistentes en figuras de cerámica de Sargadelos, ás persoas premiadas.
O recoñecemento Top Cervo foi para a fotografía “Solpor”, de Raquel López Blanco, que foi a que mellor puntuación tivo do xurado como fotografía na que se recoñece algún lugar pertencente ao Concello de Cervo.
O primeiro premio recaeu en “Atrapeite…, ou non”, de Carlos Sanjurjo Lastra, mentres que o segundo premio foi para “Picudo Rojo”, de Germán Paleo Navarro. Ademais, concedeuse unha mención especial á asociación Saúde Mental A Mariña, polo seu compromiso coa protección do medio ambiente e por participar sempre en todas as actividades que se promoven desde a administración local.
A alcaldesa felicitou ás persoas premiadas e agradeceu a participación de todas as persoas que presentaron os seus traballos, que foron 37 fotografías en total.
“Este certame demostra que contamos cun patrimonio natural excepcional e cunha veciñanza que sabe observalo, valoralo e transmitilo a través da fotografía. Cada imaxe é unha invitación a coidar o noso entorno e a seguir apostando pola conservación do medio ambiente”, destacou, incidindo na importancia de manter iniciativas como esta.
“Cervo Respecta é xa un certame consolidado que nos permite unir arte e sensibilización ambiental. A través destas fotografías conseguimos que moitas persoas descubran a beleza da nosa contorna, e reflexionen sobre a necesidade de protexela para as xeracións futuras”, sinalou.
Desde o Concello de Cervo agradecen a implicación de todas as persoas participantes e animan á veciñanza a seguir colaborando nas diferentes actividades de educación e sensibilización ambiental que se desenvolven ao longo do ano.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



