Cervo, 29 de xullo, 2026. A romaría cultural de Sargadelos volve este sábado 1 de agosto para preservar a memoria de Isaac Díaz Pardo e o universo cultural que construíu na contorna cervense. Tras o éxito da edición anterior, este ano a homenaxe centrará a súa atención en Carmen Arias (Mimina), muller de Isaac e figura esencial no nacemento e evolución do fenómeno Sargadelos. A celebración tamén quere recoñecer a todas as mulleres que fixeron posible este proxecto artístico e industrial.
A xornada incluirá un percorrido pola vida e obra de Mimina, destacando a súa faceta como artista e deseñadora, así como o seu papel clave na creación da cerámica de Sargadelos desde os primeiros pasos.
Como na edición pasada, a romaría pretende ser un punto de encontro para todas as persoas vinculadas ao proxecto cultural de Sargadelos, reforzando a memoria colectiva e reivindicando a riqueza que supuxo para Cervo e A Mariña. Non faltarán tampouco as merendas populares no recinto histórico, nun ambiente festivo e de convivencia.
A xornada pecharase coa actuación musical de DOA, grupo pioneiro en Galicia na integración do folclore coa música medieval e a vangarda. Interpretarán pezas do seu emblemático disco O son da estrela escura (1979) e outras da súa extensa traxectoria. A relación de DOA con Sargadelos é profunda: actuaron en varias ocasións nos anos 80 da man de Isaac Díaz Pardo.




























A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
As persoas que non puideron obter a súa entrada durante o período de reserva anticipada poderán recoller as entradas restantes o propio día da función, mércores 5 de agosto, a partir das 20:00 horas, na taquilla do Teatro Pastor Díaz. A entrega realizarase ata completar a capacidade do recinto, cun máximo de catro entradas por persoa. O Concello de Viveiro agradece a excelente acollida que está a ter esta representación e lamenta as molestias que esta situación poida ocasionar.
Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.



