Venme o título á cabeza con motivo do 7 de setembro. Ese día (onte) coincidiron en Ribadeo os tradicionais ‘fogos do sete’, á medianoite da transición ó día da patroa, Santa María do Campo, e da outra beira da ría, en Asturias, a véspera ó día de Asturias, que se fixo coincidir co día da Virxe de Covadonga. Si, o oito de setembro, Covadonga, a Nosa Señora do Campo, a Virxe de Guadalupe … multitude de virxes (e unha soa) coinciden de celebración ó longo dos continentes. Este ano, a máis, o día de Asturias tivo unha especie de ‘celebración delegada’ no veciño concello de Castropol, co que houbo unha demostración nocturna especial, con drons.
Para facérmonos unha idea, ‘os fogos do sete’ estoupan e colorean o entorno ribadense esa noite dende hai moitos anos. E os ‘drons do 7’ só están previstos este ano -logo, moito máis pasaxeiros-. Primeiro foron pensados para facer nas Figueiras (ou sexa, á beira da ría de Ribadeo, fronte onde estaban apostados os fogos desta beira) pero foron cambiados para a praia de Penarronda, xa fóra da ría, e postos ás 23:30, desviados das 24:00 tradicionais dos fogos do sete. Coñecendo a tracción dos fogos e o acceso a Penarronda, era de prever que a xente tentara desprazarse dun lugar a outro para ver ambas cousas, e que houbera cando menos, dificultades para o aparcamento. E así foi.
O resultado é que se puido comparar un espectáculo e outro. O tradicional de luz e ruído e o relativamente novedoso nestes lares de evolución conxunta dunha morea de drons.
Comparación que se parece moito a ‘competición’ pola nosa atención, a das xentes do lugar, dadas as proximidades de escenarios e horario. E chinesa porque ó fin, a pólvora que deu lugar ós fogos é un invento que pasou da China a occidente, e os drons, se ben non foron inventados en China, si están sendo fabricados alí máis que noutro lugar calquera: se por casualidade tes ou coñeces a alguén que teña un dron, comproba que é fabricado na RPC na meirande parte dos casos. E a máis, as máis grandiosas exhibicións con drons están a darse alí: procura entre os numerosos vídeos que pululan por internet.
No caso de Penarronda, os drons deberon ser algún máis de 200, pero non milleiros como nalgunha demostración por Shenzhen ou Guanzhu, con tempos relativamente longos entre a formación unha e outra imaxe e non fluíndo como en moitos casos o fan en oriente, pero non por iso deixou de ser unha exhibición vistosa próxima ó cuarto de hora para fortalecer a identidade asturiana.
Aínda así, os fogos do sete resistiron o envite da tecnoloxía moderna e seguiron a ser vistosos e vistos, aínda que duraran pouco máis da metade do tempo que os seus competidores. Do custe non teño información para ningún dos dous casos.
Isto é, en pleno século XXI, miramos a iluminación festiva do noso ceo para ver a tecnoloxía da China de hai once séculos competindo coa tecnoloxía da China actual no entorno de Ribadeo.



















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



