Ribadeo, 28 de agosto, 2026. Ribadeo foi os días 26, 27 e 28 de agosto o punto de encontro de profesionais, docentes, empresas e expertos da automoción coa celebración do XV Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, organizado por APAGA, a Asociación de Profesores Técnicos e de Ensino Secundario de Automoción de Galicia. O encontro reuniu arredor de medio cento de participantes e contou cun completo programa de ponencias, talleres prácticos e actividades formativas.
A décimo quinta edición pechouse cun balance moi positivo tras tres xornadas dedicadas á innovación tecnolóxica, á actualización de coñecementos e ao intercambio de experiencias entre o ámbito educativo e o sector profesional. O Fórum contou ademais cunha dimensión internacional, coa participación de docentes de Ghana e Alemaña.
Ao longo das sesións abordáronse algúns dos principais retos da automoción actual: electrificación dos vehículos, diagnosis avanzada, electrónica, novas ferramentas de traballo, dixitalización e aplicación da intelixencia artificial. Estes contidos reflicten a profunda transformación que está a vivir o sector e a necesidade de que a Formación Profesional avance ao mesmo ritmo que a tecnoloxía.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, destacou que a FP debe estar preparada para acompañar esta evolución: “la tecnología avanza muy rápido y la FP tiene que avanzar con ella”. Engadiu tamén que “no podemos formar a los profesionales del futuro con las herramientas del pasado”, subliñando a importancia dunha formación permanente, conectada coas empresas e aberta a Europa.
A internacionalización é un dos piares da actividade de APAGA, que impulsa proxectos Erasmus+ para favorecer a mobilidade de estudantes e docentes, establecer colaboracións con centros doutros países e coñecer diferentes modelos formativos nun sector marcado pola evolución tecnolóxica constante e un mercado laboral global.
Con esta décimo quinta edición, o Fórum consolídase como un espazo de referencia para a actualización profesional e a innovación educativa en automoción. APAGA agradeceu a participación de docentes, profesionais, empresas, expertos e entidades colaboradoras, que fixeron posible que Ribadeo volvese ser un punto clave para a formación vinculada ao vehículo.
O encontro rematou cunha conclusión clara: a transformación da automoción esixe unha transformación paralela da formación. Electrificación, dixitalización, intelixencia artificial, novas tecnoloxías de diagnosis e sustentabilidade marcarán o futuro da profesión, e APAGA continuará traballando para que a FP de Automoción en Galicia siga formando profesionais altamente cualificados e preparados para afrontar os desafíos da mobilidade do futuro.





















Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



