A primeira actividade celebrarase este martes, 20 de outubro, ás 16:30 horas na Casa da Cultura e ofrecerá pautas para axudar aos nenos e nenas no seu proceso de aprendizaxe
Trabada, 19 de outubro de 2026. O Concello de Trabada inicia este martes 20 de outubro, as actividades do Programa Municipal de Orientación e Acompañamento a Familias para o curso 2026/2027. A primeira sesión levará por título “Sácalle partido ao teu estudo” e estará centrada en ofrecer orientación e ferramentas prácticas ás familias para acompañar os seus fillos e fillas no proceso educativo e favorecer o seu rendemento escolar.
A charla terá lugar ás 16:30 horas na Casa da Cultura de Trabada e será impartida por Carolina García Chico, pedagoga especialista de Educando en Familia, entidade encargada de desenvolver o programa.
Durante a sesión abordaranse diferentes pautas para axudar aos nenos e nenas a aproveitar mellor o tempo de estudo, favorecendo a adquisición de hábitos e estratexias que contribúan ao seu proceso de aprendizaxe.
Esta actividade forma parte dunha programación municipal que contempla catro encontros ao longo do curso 2026/2027, nos que se tratarán diferentes cuestións relacionadas coa educación, a convivencia familiar e o acompañamento durante a infancia.
O programa responde á importancia de ofrecer ás familias espazos de orientación nos que poidan adquirir recursos prácticos, compartir inquietudes e abordar situacións habituais relacionadas coa educación dos seus fillos e fillas.
Catro actividades ao longo do curso
Tras esta primeira charla, a seguinte cita terá lugar o 1 de decembro, cun Espazo de Orientación a Familias dedicado á educación en positivo.
Xa en 2027, o 30 de marzo celebrarase a charla “Educamos a atención”, centrada en ofrecer pautas para estimular a atención na casa, mentres que o 31 de maio terá lugar un novo Espazo de Orientación a Familias baixo o título “Nenos e nenas con moito carácter”.
Todas as sesións desenvolveranse ás 16:30 horas na Casa da Cultura de Trabada.
O Programa Municipal de Orientación e Acompañamento a Familias está promovido e financiado polo Concello de Trabada e será desenvolvido por Educando en Familia.





















Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.



