Os deputados cataláns de Junts per Catalunya, Jordi Sánchez (antigo presidente da Assemblea Nacional de Catalunya-ANC-) e Jordi Turull (conseller de Presidencia con Puigemont) veñen de decidir unha folga de fame para denunciar, ao xeito da tradición da non violencia do Mahatma Gandhi e do alcalde de Cork, Terence Mc Swiney, a parálise dos seus recursos de amparo fronte ás interlocutorias do Tribunal Supremo que acordaron a súa desaquelada prisión preventiva.
A importancia destes recursos de amparo, interpostos algún deles hai maís dun ano, é que mentres non sexan rexeitados os presos políticos non poden acodir á vía do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH). Nun 98 ou 99% dos casos os recursos de amparo son inadmitidos por falla de interese constitucional. Éstes foron admitidos e avocados ao coñecemento do Pleno. Mais non é xustificábel o atraso na resolución, só entendíbel no contexto de atrasar tamén o acceso á xurisdición europea de dereitos humanos.
Pedro Sánchez prometeu un xuizo xusto, mais despois das eleccións andaluzas do domingo e da enxurradadereitista que botou fóra Susana Díaz do Goberno meridional, a tensión que xerará este xuizo entre unha España do centro e do sur botada ao monte do españolismo máis irredento e un 80% de cataláns solidarios cos presos políticos vaille impedir calquera paso cara unha solución política do problema.
O que si amosará esta folga de fame son as limitacións democráticas deste xuizo diante da Europa e o mundo todo. Mais o 16,2% de votos de Vox na Andalucía fai agromar un euroescepticismo trumpiano que tamèn se alimenta do rexeitamento ás decisións xudiciais europeas. A dereita radical tripolar tenderá a se desvencellar da Unión Europea.
A ARRINCADEIRA. AS DEREITAS, HEXEMÓNICAS EN ANDALUCÍA.
Foi Vox quen permitiu, con máis do 16,1% dos votos, o trunfo do bloque de dereitas na Andalucía (59/109, con máis do 55% dos votos), ao sumar a súa porcentaxe co 20,2% do PP e o 18,3% de Cs. O PSOE, que segue a ser o máis votado (28,7%), foi prexudicado pola elevada abstención, que tampouco beneficiou a esquerda andaluza de Adelante Andalucía (17%). As dúas forzas de esquerda perden 17 deputados.
Vox quita votos non só do PP e de Cs, senón tamèn da abstención e quizxais de Podemos. A súa irrupción agoira tempos de xiro á dereita. PP e PSOE haberían aprender que a cidadanía escolle antes o orixinal ca a copia.



















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



