Ribadeo, 7 de decembro de 2018. O XV Mercado do Nadal de Ribadeo permanece no parque San Francisco ata o vindeiro domingo, 9 de decembro. A oferta das 26 casetas instaladas vai dende produtos da gastronomía local ata obxectos de artesanía como xoias ou elementos decorativos. A concelleira de Turismo, Ana Martínez, subliña a importante presenza de turistas nesta ponte en Ribadeo.
A edil ribadense declarou que “o Nadal arranca en Ribadeo nesta ponte de decembro, onde podemos disfrutar cada ano, e xa van quince, do tradicional Mercado do Nadal coas casetas dispostas arredor do parque San Francisco e onde 26 artesáns e artesás expoñen e venden os seus produtos”.
Ana Martínez comentou que “arredor deste mercado temos diversas actividades de ocio e de entretemento para que a xente que se achegue a Ribadeo poida pasar aquí toda esta xornada ou ben a ponte no seu conxunto. Creo que é unha boa opción que se propón desde Ribadeo para vir non soamente a este mercado navideño senón a toda a posibilidade que ofrece o comercio local. Ribadeo, como é sabido, ten un comercio importante, que ten todas as opcións para poder mercar os agasallos de Nadal e, como é evidente, todo o ano. Polo tanto a xente que se achegue durante esta ponte a Ribadeo que saiba que o comercio tamén está aberto, cos seus produtos navideños e con todas as posibilidades e un abano importante para satisfacer as necesidades tanto do diario como dos agasallos e dos produtos que temos a disposición durante o Nadal”.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio dixo que “arredor deste mercado navideño moita xente ven pasar estas datas e a disfrutar de todas as ofertas que temos en Ribadeo e na nosa contorna. Acabo de facer unha rolda, a través de diferentes establecementos hostaleiros, e temos unha ocupación aproximadamente dun 69% no conxunto da hostalería local. É importante tamén que me comentan que hai unha afluencia salientable na restauración, non soamente nos aloxamentos, e eu creo que ese é outro dos obxectivos que temos na dinamización local do noso concello”.
Ana Martínez manifestou que “como posibilidades de vir disfrutar, dicir que o programa do Mercado de Nadal de Ribadeo é importante. Hoxe venres hai unha ruta guiada pola heráldica ribadense, que fai dun xeito voluntario Francisco Campos, a quen llo agradecemos. Mañá temos unha visita guiada nocturna, a partires das sete e media, pola ruta dos comerciantes a cargo de Begoña López. E o domingo teremos tamén unha visita guiada polo patrimonio relixioso das diferentes igrexas e capelas do concello de Ribadeo, que partirá ás once da igrexa parroquial e a cargo da xente que colabora na parroquia como son Álvaro Lamas e Luís López”.
A concelleira nacionalista engadiu que “tamén temos música con concertos todos os días dentro do espazo do Mercado de Nadal, e actividades para nenos e nenas. Hoxe venres a partires das cinco e media na carpa que se pon no mercado, se o tempo o permite e senón na oficina de turismo, haberá un obradoiro de bolachas de xenxibre do Nadal para os nenos e as nenas. Convido a que a xente se achegue para disfrutar deste obradoiro. Logo a partires das sete e media no quiosco da música de novo temos un concerto para disfrutar deste espazo magnífico arredor do parque San Francisco”.
Ana Martínez subliñou que “Ribadeo está, como sempre, aberto no Nadal, abertas as súas portas para os visitantes, e aquí os agardamos durante todas estas xornadas e durante todo o ano”.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



