Burela, 11 de decembro de 2018. O alcalde, Alfredo LLano, critica á Xunta por non terlle concedido ao Concello burelés cursos do Plan FIP este ano, a pesares de solicitar catro que teñen unha grande demanda entre os desempregados. O rexedor asegurou que se está a desviar esta formación ao sector privado das academias en detrimento das administracións locais.
Alfredo Llano contou que “o Concello de Burela caracterízase, desde sempre, por contar cunha formación que favorecese á aquela xente que estivese no paro para poder formarse e reinsertarse no mundo laboral. Desde fai moito tempo, e nesta última lexislatura que estamos aquí, tivemos ocasión de solicitar accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas no noso concello, a través dos plans que tivesen unha boa formación, cursos de calidade e que estiveran orientados e que fosen aproveitados”.
O rexedor burelés lembrou que “o ano pasado demos seis cursos destes, que tiveron moito éxito, sobre todo os de axuda no fogar, atención sanitaria e todo o que conleva a atención ás persoas maiores. Tamén abarcábamos outros de oficina e de tipo tecnolóxico, dentro do contexto que nós víamos da xente desempregada tratar de formala da mellor maneira posible”.
Llano explicou que “este ano solicitamos catro cursos, un deles de atención sociosanitaria a persoas dependentes e institucións sociais, porque ten moitisima demanda de alumnado, se hai capacidade para 15 xa se completan inmediatamente, porque hai moitisimo interese en facer este curso, xa que sabe a xente que unha vez que remata é moi fácil conseguir traballo. Tamén solicitamos operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais porque este é polivalente para oficinas e tivo moito éxito na xente que o fixo, saen preparados para atender en calquera tipo de oficina e de administración. Consideramos que estaba motivado para que a xente se animara a facer estes cursos, para despois completar a súa formación e atopar un traballo que lle fose bo. Outro curso que solicitamos foi o de operacións de gravacións e tratamento de datos e documentos aplicando as novas tecnoloxías, e outro de dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil, para este agora hai moita demanda e por iso pareceunos ben solicitalo”.
O alcalde seguiu a relatar que “a resposta da Xunta de Galicia é cero patatero, este ano non nos dan ningún curso. A disculpa que sacan é que como ten aspecto competitivo, as administracións métense a loitar co sector privado e por algunha razón estase favorecendo que estes cursos se dean no sector privado, en academias, etc…, e se deixe de lado ás institucións, sabendo que as institucións deben dar parte desta formación. Somos coñecedores de primeira man das necesidades formativas, dado que hai unha conexión total co INEM e sabemos perfectamente as demandas que hai, que tipo de formación é a mellor e a máis equilibrada, hai neutralidade e transparencia e procuramos que a reinserción laboral sexa en firme, e cal é a nosa sorpresa que este ano non se dá ningún curso destes catro ao Concello de Burela”.
Alfredo LLano engadiu: “agora nos din que esteamos pendentes de se hai algunha renuncia por parte das academias dalgún curso, e min paréceme que isto é unha falta total de seriedade. Que se enfoque todo no sector privado é moi preocupante, a Xunta debe estar máis preocupada de atender á administración e que esta responda ante os retos laborais das necesidades que hai en cada un dos concellos, e non que se dedique a repartir estes cursos para impartilos nas diferentes entidades particulares e privadas. Eu entendo que tamén deben levar algo, pero debe haber para todos, para as administracións e para o sector privado, sempre defendendo o porqué hai que dar determinada formación. Antes facíase con responsabilidade propia da provincia de Lugo, non facía falta que isto fora a Santiago. Este ano non houbo ningunha decisión en firme tomada na provincia de Lugo, pasou todo a Santiago e dende alí distribuíron deste xeito tan extraordinariamente negativo para os Concellos, e concretamente para o Concello de Burela”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



