Ribadeo, 12 de decembro de 2018. Acisa Ribadeo convoca o concurso Queridos Reis Magos no que poderán participar todos os nenos e nenas con idades de 0 ata 12 anos. Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos animan aos nenos e nenas dos colexios de Ribadeo, Gregorio Sanz e Sagrado Corazón, a participar nesta cita e a levar as súas cartas e debuxos ao carteiro real que estará en Ribadeo os días 3 e 4 de xaneiro no Teatro de 12 a 14 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes.
Cada participante deberá entregar o seu debuxo ou carta orixinal realizado con calquera material ou técnica. O debuxo presentarase nunha folla de papel de tamaño A4 o DIN A3. Os traballos terán que ser entregados no buzón do carteiro real que estará os días 3 e 4 de xaneiro na entrada do Teatro. Para identificar os traballos terán que levar escrito o nome do concurso, o título da obra, o nome e apelidos do concursante, a idade e o teléfono de contacto.
Establécense dous premios e o fallo do xurado darse a coñecer o día 12 de xaneiro na VIII Festa do Comercio. Os gañadores ou gañadoras recibirán dous grandes xoguetes. Os traballos presentados pasarán a ser propiedade de Acisa Ribadeo, quen os utilizará para a súa exposición u outros fins que considere convenientes na promoción de actividades comerciais e culturais.
Tamén estará en Ribadeo Papá Noel. Os nenos e nenas que queiran velo, facer fotos, conversar, etc… poderán facelo o 23 de decembro no Teatro en horario de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas. Acisa convida a todos os nenos e nenas de Ribadeo e doutros puntos da contorna “a achegarse a esta vila durante o Nadal porque van gozar coa presenza de Papá Noel e do carteiro real, que están desexando poder saudar e abrazar aos máis pequenos e pequenas da casa”.
Estas actividades foron presentadas hoxe polo presidente e polo xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



