Sr. Llano, a defensa que Vde. fai do concelleiro de Cultura, Educación, Xuventude e Sanidade, que se ausentou a 9 das 21 sesións da Xunta de Goberno local celebradas en 2018 ata o pasado 21 de novembro, é tan impresentable coma o proceder do concelleiro. Non ten xustificación posible e non atende ao que dispón a legalidade vixente (Texto refundido da Ley 7/1985 de Bases de Régimen Local, ou
Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, por el que se aprueba el Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales, entre outras normas legales).
Sr. Llano, os membros da Corporación Municipal, segundo a lexislación vixente, teñen o dereito e o deber de asistir ás sesións dos órganos de goberno dun Concello, que son o Pleno e a Xunta de Goberno Local (neste caso, se fosen nomeados a tal efecto). E isto é así porque afecta á representatividade dos votantes e dos cidadáns e, polo tanto, ten que ver con dereitos fundamentais dos cidadáns e dos seus representantes. A ausencia reiterada dun membro da Xunta de Goberno local, como é o caso, denigra a representatividade que lle ten sido concedida nun procedemento electoral e rebaixa a representatividade da cidadanía.
Sr. Llano, por ese mesmo condicionamento legal de dereito e deber de asistir, neste caso, ás sesións da Xunta de Goberno local, os membros da mesma teñen o dereito legal a ausentarse do seu posto de traballo polo tempo indispensable para o exercicio das súas funcións e, polo tanto, asistir ás sesións para as que sexa convocado, máxime se se posúe a condición de funcionario, como é o caso do concelleiro sinalado. Non cabe falar, entón, de que se ausenta por motivos laborais ou incompatibilidades horarias.
Sr. Llano, non se soporta de ningún xeito que este señor se ausente a nove de vinteunha sesións da Xunta de Goberno local. É inxustificable. Entre outras cousas porque as sesións ordinarias, dúas ao mes, da Xunta de Goberno teñen fixados os primeiros e terceiros mércores de mes para a súa celebración, ás nove da mañá, desde o pleno de 1 de xullo de 2015. Máis inxustificable aínda se esta persoa cobra, como é o caso, 14.000 euros ao ano, cartos que saen de todos os cidadáns de Burela. Polo tanto, vostede non pode apelar á compatibilidade de horarios cando, por lei, un funcionario que teña media dedicación exclusiva retribuída ao Concello (como é o caso deste concelleiro) ten que pedir, obrigatoriamente, redución horaria equivalente no seu posto de funcionario, precisamente para facer compatibles os horarios. Parece mentira que vostede, Sr. Llano, sexa funcionario e descoñeza esta circunstancia, a non ser que vostede tente mentir e enganar ás persoas que non teñen suficiente información.
Sr. Llano, xa nos contará algún día que pensan Dna. Angélica Gómez, Dna. Noelia Ben e D. Ramiro Fernández. Os tres son membros da Xunta de Goberno local. Ningún deles ten recoñecida dedicación retribuída ao Concello. Só cobran as asistencias e as dietas que lles poidan corresponder. Estas tres persoas só cobran as asistencias á Xunta de Goberno local se asisten porque secretaría ten a obriga de recoller na acta correspondente os asistentes e os ausentes; se non asisten, non cobran. Explíquelles a eles, aos seus compañeiros e tamén compañeiros do concelleiro citado, que eles non cobran se non asisten, pero este concelleiro si cobra aínda que non asista. A que non ten o que hai que ter para explicárllelo… En todo caso, se se atreve a explicárllelo, non estaría de máis que nos contase a súa reacción…
Finalmente, Sr. Llano, con esa defensa tan irracional que fai dese concelleiro está vostede defendo o oscurantismo que houbo na venda de entradas durante tres anos, con ausencia absoluta de control sobre o recadado e sobre o pagado con eses cartos, con vendas de entradas en locais de hostalería… Xa nos dirá a conta de que intereses fai vostede semellante defensa.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



