Burela, 14 de decembro de 2018. O alcalde de Burela, Alfredo LLano, e o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, visitaban esta mañá as obras que se están realizando nos vestiarios da praia da Marosa e no parque de Suafonte. No primeiro dos casos o investimento ascende a 14.000 euros e no segundo a 43.000.
O edil de Obras explicou que “estivemos visitando dúas obras que estamos facendo en Burela estes días, que se empezaron hai unha semana. A primeira visita que fixemos foi aos vestiarios da praia da Marosa, que estaban dando sempre moitísimos problemas de atascos e non estaban todo o ben que desexaríamos”.
Ramiro Fernández Rey detallou que “estamos facendo unha actuación para a instalación dun saneamento nos cuartos de baño, unha nova rede de abastecemento de auga potable, imos eliminar algún dos urinarios que había xa que entendemos que os que quedan van ser máis que suficientes, e imos ampliar a zona de curas dos socorristas, para que estean máis cómodos cando teñan que facer os traballos de curas ou de atención a algún bañista no verán. Ademais imos reparar as portas de acceso aos vestiarios, que agora mesmo están bastante deterioradas”.
O concelleiro de Obras sinalou que “o presuposto de execución das obras é de 14.828, 36 euros, e esperemos que no prazo dunha semana estean rematados os traballos e despois darémoslles unha mao de pintura para deixalos curiosos. Esperemos que neste verán aquela zona non nos dea tantos problemas de atascos como estaba dando e que sexa unha zona onde os usuarios poidan disfrutar plenamente de todas as estancias que alí temos, e que os socorristas poidan traballar dunha maneira máis cómoda”.
Ramiro Fernández engadiu que “tamén visitamos unhas obras, que cremos que son importantísimas, no parque de Suafonte que non está sendo utilizado todo o que nos gustaría. Entendemos que con esta nova reforma que imos facer vai quedar un parque moi atractivo e que vai estar moi adaptado para o disfrute dos nenos e nenas de Burela”.
O edil burelés declarou que “o primeiro que fixemos foi eliminar unha fonte que había aí de hai moito tempo, incluso quitaba vistas á zona portuaria, o parque ten unhas vistas moi boas cara á zona do porto. Quitamos a fonte, que ademais era unha reclamación dos veciños. E imos facer unha reforma integral deste parque, onde imos retirar a zona infantil existente agora mesmo, imos crear unha fonte seca que vai ser moi vistosa con iluminación led e cun sistema interactivo de xogos. É unha fonte moi chamativa que seguramente vai gustar moitísimo aos nenos, e imos renovar tamén a zona de descanso. O presuposto que manexábamos para esa obra era de 60.000 euros, e ao final a empresa adxudicataria levou a licitación por 43.230,78 euros máis IVE, co cal tivemos unha baixa”.
Fernández Rey engadiu que “o que pretendemos coa reforma deste parque é desconxestionar un pouquiño o parque Rosalía de Castro. Burela é unha poboación con moitos nenos e hai momentos, sobre todo do verán, nos que a zona de Rosalía de Castro está saturada, e esperamos que a xente se reparta un pouco e vaia disfrutar tanto do parque Rosalía de Castro como do parque Suafonte. A verdade é que estamos realmente contentos pola realización desta obra”.
O alcalde, Alfredo Llano, dixo que “estamos mellorando moito as instalacións da Marosa con novos e mellores servizos sanitarios e con mais espazo para os socorristas. E en Suafonte trataremos de deixar un parque atractivo para motivar que sexa usado por nenos, nenas e pais. Contará con novos xogos, bancos e unha fonte singular e tamén funcionará como un bo mirador para observar o porto”.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



