Santiago, 20 de decembro de 2018. En Marea insta ao goberno galego a colaborar de xeito activo na recuperación das zonas afectadas polas riadas que, no mes de novembro, asolaron a zona da Xunqueira, en Viveiro. A formación considera necesario que a Xunta achegue medios para esa fin; e pide ademais que a administración autonómica aporte documentación detallada dos traballos previos que, supuestamente, Augas de Galicia realizou na zona desbordada para evitar o risco de inundacións.
En Marea quere saber en que consistiron exactamente as tarefas preventivas que Augas de Galicia realizou na contorna dos ríos Fontecova e Ponte Labrada para evitar o risco de desbordamentos. Uns traballos que, logo das riadas rexistradas no pasado mes de novembro, o goberno galego asegurou ter efectuado; eludindo así calquera posible responsabilidade nuns acontecementos que provocaron a morte dunha veciña de Viveiro e causaron ademais danos materiais en numerosas vivendas e edificacións.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda sinalou logo do desbordamento das nomeadas cauces fluviais que en setembro os técnicos da Xunta tiñan comprobado que na zona “non había obstáculos, senón herbáceas”. Asemade, a Xunta aportou por toda explicación as cuantiosas choivas caídas entre os días 18 e 19 de novembro. Porén, o goberno galego aínda non ten achegado documentación algunha sobre os traballos que di ter realizado. E a realidade é que, logo do acontecido, foi o Concello de Viveiro quen efectuou a dragaxe e limpeza da contorna dos ríos desbordados para evitar novas inundacións.
O deficitario estado de limpeza e mantemento da zona desbordada xa provocou a dimisión dunha concelleira do Partido Popular de Viveiro, e foron numerosas as voces que alertaron de que o acontecido podía terse evitado de terse atopado a contorna destes ríos libre de obstáculos.
“O que aconteceu en Viviero ten evidenciado que é necesario actuar e incrementar as tarefas e mecanismos de prevención. Hai que facer máis de agora en diante. Viveiro está catalogada como zona con risco potencial de inundacións, por iso o Concello solicitou a Augas de Galicia que revisara a limpara a zona asolagada. Detectamos unha eiva, porque existía alerta e a Consellería decidiu que non había que facer ningún tipo de actuación”, denuncia o deputado Marcos Cal.
Así as cousas, para En Marea “parece evidente que houbo un desaxuste e que non se actuou como era preciso. Non pode ser que o Concello e a veciñanza visen un risco, alertasen sobre el e quen tiña que actuar non implementase ningún tipo de medidas que, en vista do acontecido, si eran precisas e probablemente terían evitado a gravidade do asolagamento producido”, indica Cal; que denuncia ademais que “falta investimento, faltan recursos e falta unha intervención seria por parte da Xunta de Galicia para atender e evitar este tipo de riscos”. Nesa liña, o deputado de En Marea lembra que o informe sobre áreas con risco de inundación en Galicia xa inclúe 200 lugares. “Non pode ser que a Xunta se cruce de brazos e se limite a pedir resignación ás veciñas e veciños que padecen risco de inundación”, afirma Marcos Cal.
Todo apunta a que a formación dunha presa formada por árbores e restos vexetais agravou as consecuencias das tormentas que deixaron sobre Viveiro intensas choivas, sobre todo entre as nove e as once da noite, acumulándose o domingo un total de 80,7 litros por metro cadrado segundo os rexistros da estación de Penedo do Galo en Viveiro. De feito, a Xunta estima que en 15 minutos caeron 30 litros por metro cadrado. Así as cousas, En Marea pide ao goberno galero que explique con detalle que traballos tiña realizado Augas de Galicia recentemente na zona; e quere saber o que sinalaban os informes dispoñibles sobre o estado dos ríos de Viveiro, así como o momento no que estes foron efectuados. O asunto foi abordado este xoves na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do Parlamento de Galicia, onde a formación preguntou tamén sobre os mecanismos empregados polo goberno galego para coñecer os riscos de desbordamento.



















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



