Burela, 22 de decembro de 2018. O padroado da Fundación Expomar e a comisión executiva seguen estes días coas súas reunións de traballo encamiñadas a que a vindeira edición da Feira Náutico Pesqueira, que se celebrará entre o 9 e o 12 de maio de 2019, conte cunha importante representación do sector pesqueiro e do mundo do mar.
O presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, explicou que “nos reunimos o padroado de Expomar e tamén a comisión executiva, para ver como vai a marcha da vindeira edición da Feira Exposición, que se vai realizar o próximo ano do 9 ao 12 de maio. Vemos que evoluciona perfectamente, dado que se está contactando xa con industrias e servizos de empresas de todo tipo que están vinculadas ao sector do mar”.
Llano subliñou: “estamos vendo que a resposta é tremendamente positiva. Todo o mundo quere vir a Burela e supoño que para o ano que ven imos tratar de facer unha boa feira exposición, acompañada dunhas boas xornadas técnicas e dun encontro empresarial. Imos intentar que sexa non soamente unha feira exposición senón que paralelamente haxa diferentes actividades, ensinando como se traballa aquí no sector pesqueiro, que serva para que veña moita xente de fora e poida apreciar Expomar e Burela no seu conxunto”.
O presidente da Fundación Expomar anunciou que “imos ter a próxima reunión xa no mes de xaneiro, calculo que sobre o 16, onde imos ir marcando varias cuestións para definir claramente como vai ser esa nova feira, que cremos que vai ser unha edición importante”.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



