O sábado 29 pola tarde organízase unha viaxe a Xuvenlugo onde nenos e maiores poderán gozar das atraccións de feira, obradoiros e demais actividades previstas no recinto feiral de Lugo. O Concello sufraga os gastos das entradas de adultos e menores e tamén a propia viaxe en autobús. Por outra parte, o luns 31 de 16:30h a 19:30h o planetario móbil Ciencia Kids estará instalado no salón de actos da Casa da Cultura.
Neste planetario proxectaranse videos de ciencia, tecnoloxía, astronomía,…en formato full dome e en 3 quendas de unha hora cada proxección. A actividade está destinada a todos os públicos e non é preciso anotarse antes.
