RIBADEO (FNC) .- Ata o 6 de abril estará aberta a fase de precomercialización das parcelas do parque empresarial de Ribadeo. SEPES estima que en maio estea resolta a adxudicación e comunicada aos seus propietarios. En total póñense á venda 55 parcelas que ocupan 114.856 metros cadrados. O prezo do metro cadrado oscilará entre os 75 e os 109 euros. O alcalde, Fernando Suárez, fixo un chamamento aos portavoces municipais para que se convertan en axentes comerciais do polígono industrial.
O rexedor lembrou o traballo realizado polos seus antecesores no cargo José Carlos Rodríguez Andina e Balbino Pérez Vacas, para que o parque empresarial sexa hoxe unha realidade e tamén se referiu ao acordo asinado por SEPES, EON e a Consellería de Industria do bipartito para a conseguir o subministro eléctrico. Fernando Suárez reiterou na súa comparecencia desta tarde que “o de Ribadeo é un polígono punteiro porque está moi ben situado, atópase ao pé da A-8 e da vía de FEVE e moi preto do porto comercial”.
O alcalde pedíulles aos portavoces municipais, presentes no acto celebrado esta tarde na Casa do Concello, que “debemos ser uns axentes comerciais deste polígono industrial. Sabemos que non son moitas as parcelas, sabemos que os prezos son os que son, pero é o mellor polígono industrial en moitos kilómetros á redonda. Pídovos a todos que señamos uns auténticos axentes comerciais polo ben de Ribadeo. Creo que debemos conseguir que se vaia vendendo todo, que todo o que se asente sexan iniciativas que xeneren postos de traballo porque a situación económicamente desde o punto de vista global non é boa”. Suárez Barcia considera que “esto pode ser un balón de osíxeno para Ribadeo, polo tanto gustaríame que todos fixésemos labor comercial para conseguir colmatar este parque empresarial o antes posible coas empresas de maior calidade”.
Pola súa banda, a directora de Promoción y Desarrollo de Sepes, Cristina Álvarez Campana, suliñou que “los precios son competitivos ya que representan, además de la cuantía económica correspondiente, sus accesos, su fachada, la calidad del producto de SEPES… Se mueven entre una horquilla que va desde los 75 a los 109 euros por metro cuadrado”.
Álvarez Campana destacó que “las condiciones de venta son inmejorables, sobre todo en estos momentos en los que hay dificultad en acceder a la financiación. SEPES apuesta por los proyectos empresariales, porque se genere inversión, riqueza y empleo y para eso facilita el acceso a la compra de parcelas mediante una financiación a 10 años a un 5% de interés. Es un primer paso para que cualquier interesado en iniciar un proyecto empresarial pueda encontrar el apoyo de SEPES sin necesidad de acudir a ninguna entidad financiera específica”.
Subestación eléctrica
Sobre a posta en marcha da subestación eléctrica que dará abastecemento ao polígono industrial de Ribadeo e á Mariña Oriental, os técnicos de SEPES aseguraron que hai un acordo asinado coa compañía eléctrica que garante o subministro a todas as empresas que se vaian montando mentras se constrúe dita subestación. Estiman que estea lista en menos de dous anos, a finais de 2011 ou principios de 2012. Pola súa banda, o alcalde, Fernando Suárez, dixo que a semana pasada falou deste asunto xo xefe territorial de Industria e que éste “me asegurou que na Xunta son conscientes da situación e que están apurando todo ao máximo. Nos vindeiros días sairá a exposición pública a traza da liña de alta tensión. Eu non atopei nesta conversa resquicios de que poida haber problemas”.
Os técnicos de SEPES lembraron que o investimento realizado polo Goberno de España no parque empresarial de Ribadeo ascendeu a 10,5 millóns de euros.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



