VIVEIRO .- Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta en Viveiro a exposición “Olladas de mulleres, visións desde A Mariña”, coas mellores fotografías das mulleres participantes nas exposicións locais previas de Burela, Barreiros e Mondoñedo.
O Observatorio inaugura en Viveiro a exposición colectiva
“OLLADAS DE MULLERES, VISIÓNS DESDE A MARIÑA”,
as mellores fotografías das mulleres participantes nas exposicións locais previas de Burela, Barreiros e Mondoñedo
O recital poético de Xacobo Casal acompañado polo guitarrista Felipe Sánchez
amenizarán a inauguración, que terá lugar o venres 26 ás 18.30 horas no CENTRO COMARCAL DE VIVEIRO
A exposición poderá verse até o 13 de marzo, conmemorando tamén así o Día da Muller
O obradoiro de fotografía dixital + exposición “OLLADAS DE MULLERES, VISIÓNS DESDE A MARIÑA”, organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade en Burela, Barreiros e Mondoñedo desde o mes de outubro, chega ao seu remate este mes coa celebración da súa actividade final: a EXPOSICIÓN CONXUNTA das mellores fotografías de todas as participantes nesta iniciativa nas diferentes vilas mariñás.
Esta exposición conxunta terá lugar no Centro Comarcal da Mariña Occidental de Viveiro, onde se celebrará a súa inauguración o vindeiro venres 26 de febreiro, a partir das 18.30 horas. Na inauguración participarán Ana Méndez-Iragorri e Carolina García, membras do Observatorio da Mariña pola Igualdade, acompañadas de mulleres participantes no curso que darán conta das súas experiencias durante o obradoiro dixital de fotografía e durante a toma de decisións e organización da exposición.
Para celebrar o acto contarase cun recital poético a cargo de Xacobo Casal, acompañado pola guitarra de Felipe Sánchez. Voces masculinas que dan un toque ás olladas das mulleres.
A exposición consta de 34 fotografías en cartón-pluma tamaño grande, o que a converte nun xeito moi interesante de achegarse ás diferentes OLLADAS DE MULLERES que teñen as moi diversas mulleres da Mariña. Após da inauguración, a mostra fotográfica poderá verse desde o día 26 de febreiro até o 13 de marzo, en horario de luns a venres de 10 a 14.30 e 17 a 20 horas, e os sábados das 11 ás 14 horas.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



