Mondoñedo 18-1-19. Coma todos os anos, dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos celebrar a Festa da Árbore con unha xornada de actividades para pequenos e maiores que terán lugar o vindeiro sábado día 2 de febreiro en Mondoñedo. Pero este ano é un ano especial, por cumplirse 450 anos da primeira celebración, no ano 1569. Por eso, preparamos unha programación moi completa e convidamosvos a tod@s a participar con nós.
A partir das 10:30h da mañá na Praza da Catedral de Mondoñedo inicianse as actividades cun Roteiro da Árbore a cargo de Francisco Piñeiro, mindoniense de pro, que nos levará por todos os recunchos da cidade recordando as zonas arboladas que existían e sumerxindonos no pasado cos ollos de hoxe. Ao remate, ás 12.00h e desde a Casa de Luis Luaces (ex-rexedor mindoniense a quén lle debemos esta celebración) arrancarán as carrozas polas rúas do pobo cos nen@s de GaitaEscola Mondoñedo e con destino á Alameda dos Remedios, lugar da primeira plantación aló polo ano 1569, onde a partir das 13:00h será o Pregón da festa a cargo do Cronista Oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa. E, por fin, a parte máis importante, a Plantación das Árbores. Sobre as 13:30h, con acompañamento musical de GaitaEscola e con recitado de poemas, plantaremos 2 Castaños de Indias, 1 Magnolio, 2 Azaleas e, como anecdótico, 1 árbore frutal rememorando as plantadas naquela primeira festa. Descubrirase unha placa conmemorativa feita polo artesán canteiro Fernando Vilariño. Como broche á mañá, concerto da Banda de música Pascual Veiga de Mondoñedo ás 14:00h e convite gratuíto de liscos, pan e viño, simulando o banquete de Luis de Luaces da primeira edición.
Xa pola tarde, desde as 16:30h no Auditorio municipal, as actividades para @s máis pequen@s. Primeiro cun Taller de bonecos de cartón e de Contacontos a cargo de Ton Arenas e, tras a tradicional merenda de pan con chocolate, a actuación de Kote Malabar. Ademais, durante toda a tarde estarán expostos os debuxos participantes no “VIII Concurso de Debuxo da Árbore”, realizados no CEIP Álvaro Cunqueiro e na Escola Infantil de Mondoñedo, de onde sairon os debuxos gañadores para ser os carteis e trípticos da festa.
Como parte histórica, recordar que foi en Mondoñedo onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa o 4 de febreiro do ano 1569 sendo rexedor Luis de Luaces, o cal ordenou plantar árbores frutais na hoxe Alameda dos Remedios (tras comprar os terreos para uso público) baixo pena de multa a quen non o cumplise. Para celebralo, trala plantación, ofreceu a todolos veciños unha comida campestre.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



