Lugo, 18 de xaneiro de 2019.- O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, e a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, presentaron hoxe en Lugo o programa O teu Xacobeo, a convocatoria de axudas a novos proxectos de dinamización do Xacobeo 2021, no que o Goberno galego quere implicar a todos os axentes da sociedade.
Segundo apuntaron, a Xunta pretende organizar o Xacobeo máis participativo dos últimos anos e con ese obxectivo vén de convocar un programa aberto a calquera cidadán, empresas, entidades públicas e privadas e sen ánimo de lucro da Comunidade. A delegación territorial da Administración autonómica acolleu un acto informativo ao que asistiron representantes de concellos, mancomunidades, grupos de desenvolvemento rural (GDRs) ou diversas asociacións da provincia de Lugo, entre outros.
A orde de axudas en réxime de concorrencia competitiva foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o 14 de xaneiro e está dotada cun orzamento de 2 millóns de euros para impulsar proxectos en cinco ámbitos ao longo de 2019 e ata abril de 2020. Este programa fomentará iniciativas “na esfera artística, do patrimonio, a historia, o pensamento e a espiritualidade, a gastronomía, o deporte ou o ámbito social”, apuntou o delegado, quen engadiu que “o Xacobeo 2021 farémolo todos e en todo o territorio”.
Tres tipos de solicitantes
Poden optar a este cofinanciamento tres tipos diferentes de solicitantes: entidades locais (concellos galegos, mancomunidades de concellos, consorcios locais e as deputacións provinciais), entidades privadas (persoas físicas ou xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que están comprendidas na definición de pequena e mediana empresa) e entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro.
Para as entidades públicas, hai unha liña de 875.000 euros para subvencionar, en función do tamaño demográfico, un máximo do 85% por proxecto ata os 50.000 euros.
No tocante ás entidades privadas, disponse de 825.000 euros adicionais que cubrirán un máximo do 60% ata 25.000 euros. Finalmente, para entidades sen ánimo de lucro consígnanse 300.000 euros, con axudas polo 90% do proxecto presentado e ata 20.000 euros.
Ámbitos subvencionables
O teu Xacobeo abrangue cinco áreas subvencionables: ámbito artístico, patrimonio-historia-pensamento-espiritualidade, gastronomía, ámbito deportivo e ámbito social.
O ámbito artístico comprende toda unha serie de disciplinas como artes visuais, arquitectura, deseño, cultura dixital, artesanía, moda, cinema e documental, todo tipo de músicas, artes escénicas (teatro, danza, novo circo etc.), literatura e libro. No eido do patrimonio, historia, pensamento e espiritualidade terán cabida foros de reflexión, encontros, publicacións, estudos, conferencias, xornadas de formación, programas de intercambio con expertos doutras nacionalidades ou charlas educativas en colexios, entre outras opcións.
En canto a área gastronómica, O teu Xacobeo inclúe experiencias e actividades de elevado valor engadido, que contribúan a dar a coñecer e gozar do patrimonio enogastronómico de Galicia achegando a visitantes e locais unha parte das tradicións, oficios, cultura, historia e identidade territorial. Tamén a promoción de produtos con denominación de orixe ou indicacións xeográficas (por exemplo: catas e degustacións, charlas, talleres, actividades de formación e intercambio, publicacións, feiras e outras).
No ámbito deportivo prevense eventos de calquera disciplina, con especial atención ás actividades non profesionais e para todos os públicos. Inclúense actividades dirixidas e ao aire libre como camiñadas ou rutas organizadas, clases en grupo e disciplinas relacionadas co benestar, o fomento da vida activa e o gozo respectuoso da natureza.
Por último, a quinta área subvencionable, o ámbito social, contempla os programas de voluntariado, sociais e/ou educativos que fomenten a inclusión e participación.
Na repartición das subvencións aos proxectos presentados, valoraranse criterios como a pertinencia, calidade do contido e das actividades, comunicación e difusión, viabilidade e sustentabilidade. O prazo para presentar solicitudes remata o 15 de febreiro.























Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



