Lugo, 26 de xaneiro de 2018.- O PSOE na Provincia de Lugo celebrou este sábado o IV Comité no que os socialistas con representación nas principais institucións (Deputación de Lugo, Parlamento de Galicia, Congreso, Senado e Parlamento Europeo) detallaron o traballo desenvolto. “Os socialistas demostramos con feitos que sempre estamos cos veciños. Os lucenses volverán a ganar”. Así coincidiron todos os compañeiros e o destacou o Secretario Xeral Provincial, Álvaro Santos Ramos, tras o análise da actividade levada a cabo polo PSOE e da situación política actual.
Os feitos na Deputación
O Presidente da Deputación, o socialista Darío Campos Conde, explicou que “puxemos a disposición de todos os nosos veciños nos 67 Concellos máis de 230 millóns de investimentos dende 2016 e poremos agora outros 50 millóns co presuposto deste ano para seguir respondendo as súas necesidades. O PSOE ten convertido á Deputación no motor económico e social da provincia. Lideramos a obra pública con case 90 millóns e con 30 millóns os plans de xeración directa de emprego. Atendemos a máis de 4.000 maiores co SAF básico e coa Teleasistencia gratuíta. Colaboramos con máis de 2 millóns co conxunto do tecido asociativo social da provincia para ofrecer atención profesional a lucenses que sofren diferentes patoloxías….Fixemos que a de Lugo sexa a primeira Deputación de Galicia e a terceira en España que máis inviste en deportes, así como en turismo e cultura”.
“Podemos sentirnos orgullosos de ser os responsables da meirante parte das actuacións que chegaron a todo o noso territorio: obras de mellora, novas instalacións públicas, servizos sociais….non hai unha soa cita ou evento na provincia que non conte co noso principal apoio. Sintámonos orgullosos de ser os únicos responsables de que Lugo conte co centro de recría de gando vacún máis grande de Galicia do que xa desfrutan máis de 50 explotacións lucenses ou de que a Fonsagrada acolla o único centro de despece de carne cinexética de Galicia. Sintámonos orgullosos de ser os responsables da construción dunha rede pública de residencias e centros de día nos municipios e de que as súas prazas sexan de acceso universal para todos os lucenses grazas un pioneiro e laborioso modelo que impulsamos”.
Os feitos en 6 meses no Goberno Central
“Nos últimos 7 anos, o PP non fixo absolutamente nada dende o Goberno Central máis que quitarnos dereitos. Nin tan sequera conservou as estradas. En 6 meses, os socialistas aprobamos a tan demandada obriga de incluír a orixe do leite e dos produtos lácteos no etiquetado ou a suba das pensións aos nosos maiores. Melloramos a N-VI, N-120, N-634 ou N-642; impulsamos a Autovía da Mariña, poñendo a exposición pública o proxecto; publicamos o contrato de suministro de balastro para a renovación do treito ferroviario Ourense-Monforte-Lugo con 12,5 millóns; iluminamos a Ponte dos Santos, fixemos a inspección da Ponte Blanco…” destacou Santos Ramos
Os feitos dende o Partido en defensa dos veciños
“Abandeiramos a defensa das áreas sanitarias que suprimiu o PP; descubrimos e denunciamos que o PP anulara o trámite para poder iniciar as obras dos servizos non sanitarios do barrio da residencia; defendemos a necesaria mellora da oferta educativa, como por exemplo en Chantada, así como das instalacións, como as do Colexio de Burela; denunciamos o desabastecemento de vacinas da gripe en plena campaña en Lugo; o recorte de médicos na atención primaria e de especialistas como os de pediatría en toda a provincia…Presentamos 85 emendas ao Orzamento da Xunta por valor de 28 millóns de euros, pois de novo, despois dunha década co PP no Goberno galego, seguiremos sen Rolda Leste, Plan Paradai, Museo de Romanización, VAC Costa Norte, accesos ao Porto Seco e a conexión co Corredor Sur, o desdobramento integral do Corredor Nadela-Sarria ou sen mellorar estradas como a de Friol-Palas de Rei, Navia de Suarna e Río de Pé ou a de Folgoso”
“Propuxemos a declaración da vespa velutina como praga, a dotación dunha escola de formación marítimo pesqueira na Mariña ou insistimos con toda a presión para que a nosa provincia contase con Hemodinámica 24 horas, un claro exemplo de que os socialistas sempre estamos ao lado dos nosos veciños e de que cando todos os lucenses nos unimos conseguimos resultados”, destacou o Secretario Xeral.
Análise político
Santos Ramos subliñou que “o PSOE está en moi boa situación de cara as eleccións municipais para manter, recuperar e ganar alcaldías. Imos a manter o Goberno da Deputación e Darío seguirá sendo o Presidente de todos os lucenses. Van a tratar de meternos medo, de dividirnos, enfrontarnos ou enganarnos con falsas enquisas. Pero atoparanse coa unión do PSOE e co apoio dos nosos veciños. Seguiremos todos implicados para que non nos pare ninguén e Lugo volva a ganar”.




















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



