Lugo, 28 de xaneiro de 2019. Preto de 900 atletas federados participaron nas dúas primeiras xornadas da Copa Deputación de Atletismo, trátase dunha competición enmarcada dentro do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, na que poden participar atletas galegos e de calquera outra comunidade con licenza en vigor da Federación Española de Atletismo. As marcas acadadas durante as probas serán validadas no ránking Galego e Nacional como marcas mínimas para a participación noutros campionatos, tanto nacionais como internacionais. O Executivo Provincial fai unha achega de 6.000 para a organización desta cita, facendo posible por noveno ano a súa celebración.
A Copa Deputación aséntase na súa IX edición como unha cita consolidada do atletismo galego, grazas a participación de deportistas de toda a provincia, así como doutras cidades de Galicia, como Ourense ou Ferrol, a Coruña, Vigo ou Vilagarcía.
Na segunda xornada celebrada esta fin de semana nas pistas do Gregorio Pérez Rivera, 5 atletas conseguiron as marcas mínimas para participar nos campionatos de España de diferentes categorías: Javier García, na proba de 60 ML, Adiaratou Iglesias, en 60 ML e en 200 ML, e Estela Fernandez, en 60 MV, participarán no Campionato de España Sub23 que se celebrará en Salamanca os próximo 8-9 febreiro; Lucas Fernández e Jacobo de la Iglesia, lograron a marca mínima para participar na proba de 60 ML, no Campionato de España Sub18 en Sabadell o 10 de marzo.
A próxima fin de semana celebrarase a derradeira das xornadas deste evento deportivo, unha nova oportunidade para que os atletas, de diversas categorías, consigan as súas marcas para participar nos campionatos nacionais e internacionais.
























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
