Burela, a 29 de xaneiro de 2019.- O Grupo Municipal Popular burelés lamentou hoxe “o bochornoso espectáculo que está a dar Alfredo Llano ao non convocar aos representantes lexítimos dos traballadores municipais demostrando un talante totalitario e caprichoso que concorda perfectamente co seu xeito de ser, ben afastado da imaxe que quere dar. O alcalde debería reflexionar e, se é que ten algo realmente que presentar na mesa de negociación, sentarse inmediatamente a negociar”.
Os populares esíxenlle ao alcalde que “convoque xa a mesa de negociación, que presente un documento de proposta de Relación de Postos de Traballo, unhas bases para recuperar o fondo social dos traballadores, un documento para negociar o abono dos servizos extraordinarios, etc., e sobre eses documentos tentar chegar a acordos. Todo o demais que diga o Sr. Llano serán fogos de artificio”.
Os edís do PP afirman que “as mesas de negociación están para iso, para negociar. E a quen lle corresponde plantexar propostas é á alcaldía. O alcalde xa sabe o que queren os traballadores porque levan catro anos dicíndollo, como se desprende das actas das distintas mesas de negociación, atopándose sempre coa mesma resposta: ‘iso hai que velo ben’. Isto ten provocado que en certo momentos se producisen auténticos momentos de tensión. E así, facendo que se ve pero sen ver nada, leva este alcalde catro anos, neste asunto e en todos os que atinxen á vida municipal”.
Desde o Grupo Municipal Popular lembran que “este grupo político denunciou reiteradas veces o retraso na elaboración da nova Relación de Postos de Traballo (RPT) que o propio alcalde anunciou en xuño de 2016 como ‘inminente’. E agora semella que o alcalde pretende a supresión de certos postos de traballo, mesmo algúns ocupados por persoas que levan moitos anos traballando”.
Ademais, os populares aseguran que “temos constancia de supostas presións por parte do alcalde a determinado persoal laboral, o que demostra unha covardía e baixeza moral. Faino con determinado persoal laboral porque é o máis vulnerable, pero non o fai co persoal funcionario, por exemplo, porque sabe que podería escoitar unha resposta que non lle agradaría demasiado”.
Os edís do PP indican que “a situación que se está a vivir é inédita non só no Concello de Burela senón en todos os concellos da Mariña: o alcalde non negocia nada e os traballadores municipais cada oito días na praza do Concello, no tempo legal de descanso, pedíndolle que negocie. O que nos leva a unha conclusión: Llano non se senta a negociar porque non ten nada que ofrecer”.
Finalmente, desde o Grupo Municipal do PP afirman que “na historia deste Concello ata o momento na mesa de negociación só se trataron dúas RPTs: a de 2006 elaborada polo PP, que é a que está en vigor, e a que se presentou a principios de 2015, tamén polo PP, e que non foi aprobada polos traballadores. O primeiro acordo de condicións de traballo dos funcionarios e o primeiro convenio colectivo do persoal laboral foron obra, no seu día, das negociacións dun goberno do PP cos sindicatos”.




















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



