LUGO .- O
vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, xunto ao delegado de Deportes da Deputación, Antonio Veiga recibiron no pazo de San Marcos aos seis xogadores lucenses que se proclamaron o pasado 14 de febreiro campións de España de Fútbol Sala coa selección sub 20 de Galiza. Os xogadores homenaxeados esta mañá, que fixeron parte no combinado nacional galego sub 20 foron: por parte do Azkar Lugo, Iago Míguez, Alejandro Míguez “Jandri” e Antonio Diz; e por parte do Burela FS, Brais García, Rubén García “Turero” e Manuel Jiménez Fraga “Manu”. Como recordo da súa homenaxe e a recepción no Pazo de San Marcos, os seis futbolistas lucenses recibiron de mans do vicepresidente e o do delegado de Deportes da Deputación un pequeno agasallo.
Antón Bao expresou no nome da Deputación de Lugo “a satisfacción que produce comprobar como as canteiras de ambos os dous clubs están a dar xogadores que poden participar na nosa selección nacional e ao mesmo tempo chegar a altas cotas no fútbol sala”. Así mesmo Bao destacou que “é este o traballo que debemos agradecer e o que debemos potenciar nos clubs deportivos da provincia de Lugo”, e continuou “un traballo de base que dea lugar a que xogadores lucenses estean disputando as máis altas competicións en calquera disciplina deportiva, neste caso no fútbol sala”.
Pola súa banda, o delegado da Área de Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, non nome da Deputación felicitou “a estes rapaces do Azkar Lugo e do Burela Fútbol Sala que formaron parte da selección galega sub 20 (e coa que acadaron o campionato de España hai unha semana) e tamén aos seus clubs e todos aqueles clubs que traballan no deporte base en xeral”. Antonio Veiga destacou que “é un orgullo para a Área de Deportes da Deputación que estes rapaces nos representen e que sexa a través da selección galega” e animounos a seguir traballando e progresando no deporte para que no día de mañá xoguen na selección galega absoluta de fútbol sala.
Estes seis xogadores lucenses foron parte dos artífices que lograron que a selección de Galiza volvese acadar o título de Campioa de España de Fútbol Sala na categoría Sub-20. Este foi un título que a selección galega acadou na casa, no Pavillón Multiusos Fontes do Sar de Compostela, tras gañarlle nunha gran final (4-3) a un equipo que sorprendeu pola súa calidade e entrega como foi o combinado da Cidade Autónoma de Melilla.






















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



