Está á volta da esquina, o 26 de maio, estamos chamados a elixir as corporacións dos concellos e tamén os europarlamentarios. Toca unha análise do traballo feito e repasar as promesas cumpridas, este é o tópico de sempre.
A realidade hoxe é que as máquinas dos partidos están a todo meter, xa se aprecia que non se andan con chiquiñas, mesmo o propio PP ten tensións potentes: Ourense, Viveiro, Ribadeo, Monforte… É tamén a época das enquisas e sondaxes de botar números para as deputacións.
Porén estas eleccións que todo o mundo pensaba con menos siglas e máis tranquilas van ser todo o contrario, coido que a mostra está en Ferrol ou Ourense. Cidades onde imos ter máis listas que xente. Tampouco é malo é unha expresión máis do cansazo da xente, que cómpre xestionar.
Neste senso é onde eu quería incidir, agora xa non valen queixas nin frases feitas sobre a política e os políticos. Agora é o momento de menos samba e máis traballar. Son dos que opina que todos os cidadáns tiñan que pasar por unha lista electoral, espectro existe para case todo. Coñecer os interiores das candidaturas, organizar campaña e actos, pegadas, falar coa xente… faría que a política recuperase o seu sentido e a súa valía. Moitas das criticas son merecidas seino pero moitas outras son simplemente dogmas e clichés. Acaso non merecen respecto aquelas persoa dunha lista electoral que entregan o seu tempo, ideas e recursos para mellorar os concellos onde viven? Na acción da política non todo son grandes salarios e corrupción, iso é o mínimo, mais entendo que sexa o que cabrea. Mais contra iso existe unha maneira de loitar, que vai máis aló de criticar, chamase comprometerse.
Comprometerse cos veciños e veciñas, co teu pobo, coa túa comarca e co teu País que é Galicia, para poñer o teu gran de area na mellora social e no reparto equitativo das oportunidades. E tamén, porque non, para botar da política ós seres depreciables e que aproveitan da situación. Despois do 26 só queda a queixa do bar e o tempo perdido no avance da sociedade, que é a peor consecuencia de que gobernen os mediocres.
Anímovos a participar da política, a ser parte da roda que move a sociedade e tamén marca o futuro. Que mellor maneira dignificar esta nobre acción? Porque políticos vai haber e depende de todos nos que sexan os adecuados. Sempre lembro unha frase dun ancián que foi votar, díxome, ”vota sempre, este día somos todos iguais, o voto vale o mesmo para todos”
Lembrade que non fai moito non se votaba, e os dereitos que non se exercen poden perderse.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.




















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



