A Mariña 3-1-19. Despois dun mes de xaneiro participando activamente nos encontros de preparación das mobilizacións do 8 de marzo no país e na comarca, o Observatorio da Mariña pola Igualdade comeza a programación de 2019 seguindo o sendeiro do activismo feminista. Aproveitando a presenza das Towanda Rebels en Galiza, organiza unha charla con Teresa Lozano e Zúa Méndez sobre “a mercantilización do corpo das mulleres”.
Towanda Rebels acaban de presentar o libro #HolaGuerrera no que explican por que é necesaria a revolución feminista. Contan cunha canle de Youtube na que podemos ver os seus vídeos #HolaPutero ou #Yotecreo, entre outros, que tanta repercusión tiveron nas redes sociais. Veñen de participar nun seminario de formación do profesorado denominado Comunicar en Igualdade impartido en Lugo así como nun programa de educación en igualdade que se está a desenvolver no IES Politécnico de Vigo. Tamén está previsto que visiten o CIFP Porta da Auga e o IES Dionisio Gamallo dentro das actividades do Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo.
O acto terá lugar o martes, día 5 de febreiro, ás 20:00 horas na Sala Multiusos do
Concello de Viveiro. O Observatorio convida a todas as persoas interesadas a acudir
a esta charla, que nos achega a algunhas das reivindicacións feministas do vindeiro 8
de marzo, día internacional das mulleres.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



