Ribadeo, 11 de febreiro de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, supervisou as obras realizadas na Avenida da Ría de Ribadeo na compañía do presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos. O investimento realizado achégase aos 450.000 euros. Con estes traballos o centro da vila queda perfectamente comunicado para os peóns con Vilar. Así poderán desprazarse ata esa zona con comodidade e seguridade, segundo subliñou o rexedor.
Fernando Suárez dixo que “o que máis nos satisface e o que máis nos enorgullece desta obra que levamos adiante, grazas ao compromiso outra vez máis da Deputación de Lugo, foi o de garantir a seguridade sobre todo dos peóns que desde o centro de Ribadeo poidan vir, con comodidade e con seguridade, facer compras ou vir aos establecementos que hai nesta parte urbana de Ribadeo, que é a avenida da Ría de Ribadeo, en Vilar, pero que aínda que está configurada legalmente desde hai anos como unha parte urbana, de facto non o era”.
O alcalde lembrou que “era moi complicado vir andando ata esta zona, había que sortear multitude de obstáculos e biondas, que o facían moi perigoso para a circulación peonil”.
O rexedor ribadense explicou que “agora está humanizada, con nova iluminación, nova capa de rodadura, novas beirarrúas, con arborado, bancos e mobiliario urbano dunha maneira que calquera pode vir con comodidade, nunha cadeira de rodas ou unha persoa maior, sen ningún problema pode ir desde Dompiñor ata o centro de Ribadeo con total seguridade”.
Suárez Barcia engadiu: “eu quero no nome do goberno, e entendo que no nome da Corporación, agradecer á Deputación de Lugo este compromiso económico que fixo posible, xunto coa achega municipal, poder facer esta obra que quedará por moitos anos e que ten un recoñecemento social e popular marabilloso aquí en Ribadeo”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



