Ribadeo, 11 de febreiro de 2019. A concelleira de Turismo, Ana Martínez, asiste hoxe en Santiago ao Fairway III Fórum do Camiño de Santiago onde está a recoller e escoitar experiencias, ideas e opinións doutros lugares polos que atravesan estas rutas. O obxectivo é potenciar este recurso turístico durante a maior parte do ano. Martínez lembra que Ribadeo é a porta de entrada do Camiño Norte a Galicia e o punto de partida elixido por moitos peregrinos para iniciar o seu percorrido.
A edil ribadense declarou que “dende o Concello de Ribadeo nos trasladamos ata Santiago para participar neste Fairway do Camiño de Santiago, o terceiro fórum que se fai vinculado ao turismo e ás experiencias vividas arredor do Camiño”.
A concelleira de Turismo dixo: “entendemos que Ribadeo ten unha presenza importante. Somos a porta de entrada por este Camiño Norte a Galicia. Eses 190 quilómetros que nos distancian de Compostela son un percorrido importante para o peregrino e aí entendemos que Ribadeo é un punto xa non soamente de tránsito senón de inicio para moita xente para percorrer este tramo cara a Compostela”.
Ana Martínez subliñou que “estamos aquí para recoller diversas experiencias, opinións e ver cousas que se poidan estar facendo noutros lugares trasladables ao noso concello. Cremos que é un motor importante o Camiño de Santiago ao paso por Ribadeo, temos moitísimos recursos que se poden presentar ao viaxeiro, a ese viaxeiro que ven buscando experiencias e fundirse coa parte máis interior. Entendemos que non soamente o que é a entrada, que xa é un punto importante, esa ría que lle abría a porta de Galicia ao peregrino a través das barquerías, senón tamén todo o tránsito polo interior do concello. Chegar á Ponte de Arante creo que tamén é outro dos recursos importantes onde o peregrino pode vivir unha experiencia nesa capela, con esas pinturas magníficas, e o percorrido por todo o tramo do concello de Ribadeo supón un aliciente máis”.
A concelleira engadiu: “estamos aquí en Santiago para intentar recoller ideas, traballar, participar nos foros que se están dando e potenciar este recurso que, ademais do que poida ser a tempada estival onde Ribadeo normalmente xa está cuberto turisticamente, teñamos a posibilidade de facelo probablemente desde os meses de marzo a outubro que hai unha grande afluencia de peregrinos que debemos saber aproveitar e potenciar. Polo tanto levaremos todos os recursos novos que poidamos aportar”.
Ana Martínez anunciou: “quero adiantar que durante este inverno intentaremos facer diversas xornadas de información aos hostaleiros, aos empresarios e aos emprendedores ou emprendedoras que queiran iniciar unha parte profesional vinculada ao Camiño e a Ribadeo”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



